20/11/07

BALDOSA 45: CELEBRACIÓNS


Este mes é un mes de celebracións para a miña familia. O 17 é o cumpreanos da miña irmá, que se atopa nas Catalonias e do meu cuñado hoxe, día 20. Así que, para os dous, PARABENSSSSSSSSS, que xa sodes un ano máis vellos............ e para celebralo, comparto esta................ TARTA DE CHOCOLATE.

13/11/07

BALDOSA 44: Curiosidades na rede


Para celebrar o día do blog, creouse unha páxina onde, por medio dunha pequena enquisa, en inglés, dinche que tipo de blogger és. O enlace é o seguinte: http://quiz.blogactionday.org/.

Este son eu.

7/11/07

BALDOSA 43: Tele na rúa

É a segunda pantalla de vídeo xigante que se instala na rúa no meu concello. Temos unha na praza do Concello e a segunda en fase de colocación hoxe na Praza de Galicia. Eu pregúntome cal é a función de ditas pantallas. Poñerán a segunda temporada de Heroes?, ou quizáis a 4 temporada de House?.

Tal e como a estaban colocando na Praza de Galicia, parece que é para que os conductores que circulan no seu coche pola rotonda da praza se entreteñan. Unha visión de futuro sobre un posible atasco?

Pronto pondrei unha foto para que opinedes vos mesmos.

BALDOSA 42: Máis fotos

6/11/07

BALDOSA 41: OS CORZOS 002


Máis fotos. Esta é da Lagoa de Ocelo, a 1621 metros de altitude. É unha lagoa de formación glacial.

5/11/07

BALDOSA 40: Fin de semana en Corzos


Esta fin de semana fun de viaxe ata o lugar de Corzos, no concello de A Veiga (Ourense), a facer unha "pequena" ruta (6 horas) pola montaña e visitar unhas lagoas de orixe glacial que hai nelas. Alugamos unha casa de turismo rural, moi bonita, que vos recomendo, O Porto do Carro, podedes vela na páxina de turgalicia http://www.turgalicia.es/

Aquí vai unha das fotos da Lagoa de Ocelo, a 1621 metros de altura. Xa vos irei poñendo algunha outra.

30/10/07

BALDOSA 39: CURSO DE COGOMELOS


Se queres saber todo sobre os cogomelos, a Asociación a Fervenza de Ouzande de A Estrada organiza un curso no mes de novembro.

datas: do 12 ao 16 de novembro
hora: 20.30
lugar: local social do campo da festa de Ouzande
inscrición: na taberna de Ouzande ou en carreirosouzande@gmail.com
(é necesario achegar unha copia do dni)

O curso é de balde e as prazas son limitadas

28/10/07

BALDOSA 38: Estrella Galicia


Aquí vai un anuncio que atopei e que foi publicado o 7 de agosto de 1928 en El Emigrado, de A Estrada (Pontevedra).

BALDOSA 37: Inferno rock




Neste link poderedes ver o programa do II festival inferno rock que se celebrará na Estrada nos proximos días 16 e 17 de novembro na sala Lennon. Haberá zona de acampada, e buses de ida e volta a Santiago.

O cartel de artistas: Venres 16: Rosendo, Gatillazo, Boikot, Nao, Knell.

Sábado 17: Soziedad Alkoholika, Habeas Corpus, Koma, Ktulu


Prezos: 1 día 20 € anticipada e 25 € en taquilla. Bono para os 2 días 35 € anticipada e 45 € en taquilla.

BALDOSA 36: Carta ós corintios

Aqui vos poño un vídeo do programa da TVE "el rey de la comedia" onde aparece Fran Campos nun resumen da súa actuación. Ánimo Fran e moita sorte.

22/10/07

BALDOSA 35: NON ME ESQUECÍN

É verdade, levo moito tempo sen escreber nada no blog. Pero non me esquecín del. Pronto volverei ó ritmo normal e de seguro que pondrei novas moi amiudo. Perdoade. Estou a descobrir novas tecnolóxicas ;-D.
Un saudiño para todos os meus lectores, e, ata moi pronto.

20/8/07

BALDOSA 33: PUBLICIDADE

Hoxe toca falar un pouco máis de mín. Outra das miñas aficións é a de estar horas diante da tele vendo centos de anuncios. Pírrame a publicidade, e estou enganchado ós festivais de publicidade. Así que, ireivos poñendo de vez en cando algún que outro spot publicitario. Hoxe comenzo cun de IBM.

BALDOSA 32: MÚSICAS DA TERRA

Aquí deixovos un vídeo da actuación de Faltriqueira no festival de Ouzande.


13/8/07

BALDOSA 31: músicas da terra

E aquí eu ca camiseta do festival de músicas da terra, celebrado o día 10 de agosto en Ouzande (A Estrada). O festival estivo xenial. Encantoume Faltriqueira ( a verdade é que son fan delas.....) e a Banda Potemkin, que os volverei ver no festival de Couso o día 14 de agosto. Así que, quen non puido ir a Ouzande que non falte a Couso.

14/7/07

BALDOSA 26: BLOG

Aquí vos deixo un enlace para un blog moi interesante. Nel se anuncian concertos de música e outras noticias. Blog creado por Marga ( antiga blogmaster de QUIERO TENER UN BLOG).
Espero que vos guste. E un saúdo para MARGA.

http://festival-izate.blogspot.com/

BALDOSA 25: ANIMACIÓN

Hoxe vou escomenzar un novo apartado. É sobre unha das miñas aficións. Teño días que paso horas mirándoos. Son os cortos de animación. Aquí vos poño un da casa PIXAR.


www.Tu.tv

10/7/07

BALDOSA 24: MAZAGÓN

Entereime hai pouco polas noticias dun enorme incendio en Mazagón. É unha mágoa. O pinar ten que ser parte de Doñana. Soamente espero que este ano non sexa como o ano pasado cos incendios.

BALDOSA 23: VACACIÓNS 2007

Esta foto pertence á praia de Mazagón (Huelva), outra parada nas miñas vacacións. Atópase ó final dun acantilado, no cal está o hotel onde durmín (o Parador de Mazagón). A verdade é que a zona é moi fermosa, pois todo está dentro do parque nacional de Doñana. O máis feo (para min) son os pobos cercanos, pois todos son campos de golf rodeados de urbanizacións, as cales, en gran maioría, queda baleiras fora da tempada estival.

1/7/07

BALDOSA 22: OUTROS BLOGS

Se queredes saber algo máis de pesca, visitade este blog, adicado a este deporte dende A Estrada. Nel comenta as súas "aventuras" nos diferentes ríos de Galicia.

http://pescaengaliza.blogspot.com/

BALDOSA 21: CALLOBRE

Onte fun tomalo polbo a Callobre e disfrutar dos conciertos de Ruxe Ruxe, Brighantya e Treixadura . Ó final, os concertos foron anulados pola choiva, pero o polbo e o churrasco estaban boísimos. Unha mágoa.
E para a semana, a Sabucedo.........

BALDOSA 20: SEGUIMOS EN ZAFRA

Unha foto do Xadrez vivinte durante a festa Da lúa ó fogo, unhas das varias actividades que fixeron durante as festas. O que non sei foi quen gañou, se as brancas ou negras.

BALDOSA 19: ZAFRA


Foto do Arco do Cubo, na cidade de Zafra. Esta cidade foi a segunda parada da miña viaxe de vacacións. Zafra é unha cidade pequena pero moi acolledora. Coincidín ca festa da Lúa ó Fogo. Festa con aires medievais que fan antecedendo ó San Xoán. Recomendo ver nesta cidade o Parador Nacional (antigo castelo), que se atopa no casco antigo, os Zurbaráns no retablo da Colexiata da Candelaria ( é unha mágoa que non estean ben iluminados, pois apenas pódense apreciar), o Convento de Santa Clara e as súas esculturas funerarias de Garci Laso de la Vega e o seu irmán , o primeiro Conde de Feira, as Plazas grande e Chica.

BALDOSA 18: A VOLTA DAS VACACIÓNS

Estou de volta das vacacións. Este foi un mes moi intenso para min, aínda que deixei un pouco de lado o blog, (non tiven moito tempo). Os primeiros días para descansar, logo de viaxe e a chegada xusto para disfrutar das festas de San Paio. E a partir de agora, de festa en festa..............
Irei poñendo pouco a pouco as fotos das vacacións.
E por certo, ó final o do Celta non puido ser. :-(

28/5/07

BALDOSA 17: Celta de Vigo


E por fín a foto que vos prometín. Uns estradense co Celta. Ánimo Celta, que ídelo conseguir.

22/5/07

BALDOSA 16: MARGA

Hoxe, entrando nun dos blogs que vexo tódolos días, vin que a autora vaino pechar porque está farta dos comentarios da xente. Dende aquí dígolle que NON O FAGA. Que vai ser de mín? Como vou rechear ese tempo adicado a esa maravillosa páxina?
Margaaaaaaaaaaaa, NON O FAGASSSSSSSSS.

http://www.losmundosdemarga.blogspot.com/

BALDOSA 15: ALA CELTAAAA

Hoxe, para animar un pouco ó Celta, ía poñer unha foto duns estradenses co equipo en Algeciras, pero non sei que pasa que o blogger non me deixa baixar a foto, así que, tan pronto poida , poñereina.

20/5/07

BALDOSA 14: A ESTRADA

E aquí outra foto do meu pobo. É de fai uns cantos anos e despois dunha gran nevada. Que soa se vía a Igresia, non?

14/5/07

BALDOSA 13: BASTAAAAAAAAAAA

Bastaaaaaaaaaaaa. Só levamos 4 días de campaña para as eleccións municipais, e xa estou farto.
Farto de que me desperten ás 10 da mañá o fín de semana, non só cun coche con megafonía, senón que 3. Que ademáis, parece que só andan pola miña rúa.

QUERO DURMIRRRRRRRRRRRR
Non quero volvelos a escoitar. Debería estar prohibido. Que poñan carteis, que son máis silenciosos, e que despois da campaña, os recollan.
Porque esa é outra, moito por carteis, e logo, despois das eleccións, ninguén os recolle, quedando o pobo feito unha piltrafa, cheo de carteis políticos tirados no chan.

BALDOSA 12 : A ESTRADA


E aquí vai unha foto de fai uns cantos anos do meu pobo. Esta foto é da Plaza de Galicia, e estáse a preparar o alumeado das festas de San Paio.
Gracias maelock por deixarme estas fotos.

BALDOSA 11: Disculpas

Quérovos pedir disculpas a tódolos usuarios de navegadores diferentes ó explorer, pois ca introducción do vídeo, o blog vólvese tolo, e só queda ben se o ves co internet explorer. Pero o máis grave, é que non sei como facer para que isto non ocurra. Prometo que intentarei aprender para que isto non volva a suceder.

3/5/07

BALDOSA 010: MAXIA


www.Tu.tv


Levaba tempo sen subir nada, e é porque estiven a probar cousas novas e a bucear pola rede. Nestes días, e despois de ver as actuacións de maxia na cidade de Santiago de Compostela, ocurreúseme facer un especial trucos neste blog. E así o estrenamos co extraordinario DAVID COPPERFIELD www.Tu.tv

18/4/07

BALDOSA 009: TELEVISIÓN

Buceando un pouco pola rede, atopei unha páxina un tanto curiosa e moi útil se queres ver a tele por internet. Ten unha chea de canles de todo o mundo. Tenas agrupadas por países e actualízase con bastante frecuencia. Aproveita e mira Telestrada dende a rede.

http://es.wwitv.com/

5/4/07

BALDOSA 008:La Pataki


Amósovos a derradeira foto que me chegou ó correo electrónico. Dende logo, a xente abúrrese na casa e non ten outras cousas que facer. Eso sí, teño que recoñecer que é unha boa foto.
Polo que se ve, o tema das fotos de Elsa van dar moito máis de que falar.

2/4/07

BALDOSA 007: APRENDER A LER

A ODRE NON IPMOTRA SGEUDNO UN ETSDUO DNHUA UIVENRSDIDAE IGNLSEA, NON IPMOTRA A ODRE NA QUE AS LTEARS ETSAN ERSCIATS, A ÚICNA CUSOA IPORMTNATE É QUE A PIMRIREA E A DEIRREADRA LTERA ESETN ECSRITAS NA PSIOCIÓN COCRRTEA. O RSTEO PDEON ETSAR TTAOLMNTEE MAL E ADNIA ASI PORDEAS LLEO SEN POBRLEAMS.ETSO É PQUORE NON LMEOS CADA LTERA POR SI MSEMA, SNEON A PAALBRA NUN TDOO.
PRESOAMELNTE PREAMCEE ICRNILBE. TNATOS AONS DE COLXEIO Á MREDA

31/3/07

BALDOSA 006: Correo electrónico 2

Comparto con vos un dos correos recibidos, que ademáis é un dos poucos dos 69 que gustei de recibir.
Este fin de semana empieza la temporada de caracoles en el Velis Nolis. 

Durante dos semanas los caracoles estarán en nuestra carta, a disposición de nuestros clientes.


Todos a desfrutar deste plato tan rico, sobre todo tal e como o prepara Jaume no seu restaurante Velis Nolis da Estrada.

BALDOSA 005: Correo electrónico

Acabo de prender o ordenata. Arranco o xestor de correo, e éste dime que teño 69 mensaxes para baixar, e iso que miro o correo tódos os días. ESTOU FARTO DO CORREO BASURA. Farto de que me alonguen o pennis, e se non son capaces, véndenme a viagra e outras pastis. Farto de que me toquen un feixe de premios e aínda non recibín ningún na miña casa.

28/3/07

BALDOSA 004: +pegadas

E seguimos con máis pegadas. Que cabalo pasou por aquí sen esperar a que o cemento secase?.

27/3/07

BALDOSA 003: Exposición

Sirva esta baldosa a modo de recordatorio. No Centro Comarcal de Tabeirós-Terra de Montes atópase, dende o día 3 ata o 3o de marzo , unha exposición de tallas de madeira de Fran Lareo.
Ide a vela, que falta pouco e vale moito a pena.