20/2/08

18/2/08

BALDOSA 63: A VODA

Este sábado fun de voda, e como é habitual en mín, non levei gravata. A razón é que, por máis que mo expliquen, nunca recordo como se fai o nó, e sempre poño de desculpa que, unha vez vin unha reportaxe na tele onde uns científicos xaponeses demostraron que por culpa da gravata, o aire acondicionado funcionaba por máis tempo consumindo máis enerxía, polo que para aforrar e contaminar menos, os traballadores da oficina non podían usala, e como bo que son, para contaminar menos e aforrar enerxía, eu tampoco a poñía.  Son un fracasado da gravata. Cada vez que o intento, sae unha cousa rara, que máis que nó parece unha croqueta. Pero creo que isto vai cambiar. Por fín atopei unha forma rápida e cómoda de facelo nó en tan só 10 segundos. Aquí deixo a receta. Intentadeo e xa veredes que fácil é.



13/2/08

BALDOSA 62: PIEDRAHITA

Aquí deixo un vídeo de Luis Piedrahita facendo maxia. Facía tempo que non poñía nada relacionado ca maxia. 



BALDOSA 61: POR FIN SON XOVEN......


Hoxe chegoume un correo electrónico, e quedei moi abraiado. Por fín, cos meus anos, considéranme xoven. A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade acaba de sacar unha serie de actividades para mozos e mozas de at
a 35 anos. E podo ir !!!!!!!!!!!!! . Trátase duns fíns de semana en casas de turismo rural con actividades diversas, como expeleoloxía, pesca deportiva, ultralixeiro, etc. e todo incluido por 60 €, unha ganga. 

Para máis informaión pincha no enlace  http://www.primaveractiva.info

Temos que  agotar as prazas para que o sigan facendo, así que animádevos. Eu xa sei para onde pedir.