17/08/08

BALDOSA 123: O SON

Estaba eu á noite traballando un pouco, cando dende a rúa óese un característico son: hiiiiiiiii, bummmm.

É un son que non é imitable. Cando o oes, dís, "espero que non sexa grave".

É un son que, cando o oes á primeira vez, dís "ostias".

É un son mestura de chapa de metal e plástico.

Saín ó balcón e isto foi o que oín.



O de onte só foi un susto para eles. Mañá.......................

09/08/08

BALDOSA 122: ANIVERSARIO

E seguimos cos aniversarios deste mes. Hoxe, día 9, tócalle á miña nai.



FELICIDADESSSSSSSSSSSSSSSSSSSSS





P.D. non vou decir os anos, que ó millor enfádase conmigo, heheheheheh

BALDOSA 121: FESTAS

Seguimos este verán indo ás festas e recorrer a ruta do polbo e do churrasco, hehehehehe..
Menudo verano. Non sei que sería sen o churrasco e o polbo. Onte á noite, tocou Ouzande ( e o seu ano OUlimpico), así que alí fun. De recordo, estas dúas fotos, o que sobrou do churrasco e que non falte a cunca de viño.




BALDOSA 120: ANIVERSARIO

O xoves día 7, estivo de cumpreanos a miña sobrina, así que, FELICIDADESSSSSSSSSSS, e que cumpras moitos máis, que aínda levas 10 anitos.......

Agora a soplar as velasssssssss


06/08/08

BALDOSA 119: CELOS



Xa vos falei da miña gata Cleopatra, pero o que me fixo ante onte faime escribir este post.

Estaba eu a falar co meu irmán da Irlanda co skype (programa para facer chamadas IP e videoconferencias por internet), cando, por celos, comezou a morderme o brazo. Vendo que non lle facía caso, ergueuse moi digna e comezou a pasearse por diante da miña cara pegándome moi disimuladamente co rabo.

Ata que non deixei de falar con el, a Cleopatra non parou de darme co rabo. Eso sí, cando rematei, deixoume de facer caso, e marchouse a comer.

Eu non sabía o que era sufrir polos celos, pero agora..........

Colgo unha foto que me fixo o meu irmán ca camara web para que vexades o que é sufrir de celos.