23/1/10

BALDOSA 281: DANME MEDO

Aquí a tira humorística que Joaquín Secall publicou no xornal "El País". É auténtico......


BALDOSA 280: PINK MY RIDE

Neste momento, un xoven de 28 anos está dentro dun estudio en directo pintando un coche enteiro con esmalte de uñas de cor rosa. Pode soar moi estrano, pero é parte dunha iniciativa da Fiat co gaio de gañar un espacio no libro Guinness por facer o maior anuncio online en directo do mundo.

Estímase 1 semana de duracción ata que o coche, un Fiat 500 blanco, fique enteiramente da cor rosa. Entre os obxetos dados ó xoven, 200 botes de esmalte de uñas e un teléfono móbil para poder ‘twittear’ (aquí).

Pódese ver todo o progreso do traballo, no seguinte enlace: pinkmyride.tv.

12/1/10

10/1/10

BALDOSA 278: PAZO DE CARCAXIDE

Onte pola tarde fun de excursión para sacar fotos da neve. Fumos polo parque eólico do monte San Sebastián, ata o concello de Silleda, pasando por Escuadro. Alí, no lugar de Carcaxide atopámonos con este precioso pazo.

De pazo cascaxide

9/1/10

BALDOSA 277: A NEVE II

E estas fotos son de hoxe pola mañá


De blog


De blog

Dende dentro do coche

De blog

O meu coche xa gardado no garaxe

BALDOSA 276: A NEVE

Vou contar a odisea de onte cando fun a traballar. Coma tódolos días, saín da casa ás 7:45 da mañá. Aínda que estaba nevado, parecía que a estrada atopábase en relativo bo estado. Arranco e, sorpresa, na primerira curva, aparezo encima da acera. Non fun o único, as rotondas da saída da Estrada hacia Santiago, colapsadas e con varios accidentes. Chamo ó xefe para dicirlle que chego tarde a traballar, cálmome, arranco e volvo á estrada. Dou un rodeo para evitalas rotondas e por fin vou camiño ata o traballo. Chegando ó lugar de Baloira, e na curva anterior á recta, fila de coches na cuneta. Coche que toma a curva, coche que termina na cuneta. Toca aparcar e esperar. Chamo ó xefe e informo da situación. Son ás 8:35 da mañá. Coma eu, un cento de coches parados. Nestes casos, sempre hai alguén que creese máis que os demáis e segue o camiño, resultado, coche á cuneta. ( Meu Deus, estou sen tabaco, parado na estrada, un frío que pela.....). Nesta situación, toca falar cos demáis conductores e intentar conseguir un pitillo (que moi amablemente conseguín). Sobre as 9:15 chega protección civil, axuda a uns coches que non eran capaces de subir pola recta de Baloira e atopábanse parados en medio da estrada, e informanos de que o camión ca sal chegará nuns 20 minutos. Son ás 10:25 da mañá e chega o camión. Toma a curva e........... crúzase na estrada..... e case se leva un coche por diante¡¡¡¡¡¡. Conseguen enderezar o quitaneves e segue o seu camiño botando sal. Esta comenza a facer a súa función e o xeo comenza a desaparecer. Son ás 11 da mañá e chego o traballo.

De blog


Esta foto feita co teléfono ,é do primeiro atasco, onde acabei sobre a acera.

4/1/10

BALDOSA 275: NOITE DE REICES

Mañá é a noite de reices. Eu xa mandei a miña carta (traeranme o que pedín?) ........ Por se acaso, irei cedo para a cama, hehehehhe....
e mentras, mirade este vídeo......