15/8/10

BALDOSA 345: OUZANDE 02

E pola tarde quedei a ver a actuación do mago Toño, que non teño máis que dicir que estivo impresionante.








14/8/10

BALDOSA 344: OUZANDE

O pasado domingo fun de festa a comer e pasala tarde en Ouzande. Esto é na procesión e na hora do vermú









13/8/10

BALDOSA 343: XACOBEO

Ninguén pon en dúbida que o Xacobeo é un motor turístico en Santiago de Compostela. Miles de persoas chegan peregrinando a través das diferentes rutas. Din que a emoción que teñen estes peregrinos cando chegan a Santiago, é inexplicable. Unha explosión de sentimentos íntimos ó chegar a meta.

Mais o menos, como a explosión de sentimentos que tiven ahí atras, cando tomando un café na Praza da Quintana, comezaron a chegar un grupo de rapaces cantando e acompañados dun grupo de monxas. A paz que se respiraba na praza foi interrumpida por eses cantos relixiosos e guitarras. En verdade pensei que retrocedera no tempo e que volvera ós anos 70.

Aquí a foto de tan singular acontecemento.......




12/8/10

BALDOSA 342: RUTAS DAS FESTAS

Estas semanas andivemos de festas, e como sempre, a comelo polbo. Como é habitual no blog, aquí poño as fotos correspondentes, hehehehe (Fáltanme as fotos de Ouzande e da praia do Terrón)


Bocata no Santa Sede (A Ramallosa)

Festa de Berres



Festa Callobre




2/8/10

BALDOSA 341: WAKA WAKA

No mundial, púsose de moda a canción WAKA WAKA, cantada por Shakira. Pero, entón, quen son estas rapaciñas? É nos anos oitenta. Andará Shakira entre elas? Hehehehe







Estas tamén son anteriores a Shakira.