11/12/11

BALDOSA 438: NON QUERÍAMOS QUE MARCHARAN

Onte, a visita da família de Monforte alargouse un pouquiño. Non queríamos que marcharan, hehehehehe



13/11/11

BALDOSA 436: TELECLUB DA COMEDIA

Actuación do Mago Toño e Manolo do Atlético, o día 5 de novembro en Pardemarín. A actuación estivo xenial, así que, si podedes ir velos noutra ocasión, non o perdades.













P.D.: O cartel anunciador é obra dún dos alumnos do Curso de Photoshop que se imparte no concello.

4/10/11

BALDOSA 433: PARA OS QUE NON TEÑAN FACEBOOK

Para os que non poden ver as fotos porque non teñen facebook, é dicir, padres mirade as fotos da viaxe de Exipto, hehehehe

















28/8/11

BALDOSA 429: CAMPO LAMEIRO

Onte fumos de visita ó centro de interpretación de Campo Lameiro e ver os petroglifos. Vale a pena visitalos, teño que dicir que impresionoume de forma moi positiva como deixaron todo, e que deberían facelo mesmo co resto do noso valiosísimo patrimonio que  estase a perder.



BALDOSA 428: REGRESOU

O meu inquilino do rosal desaparecera, pero retornou a casa.



29/6/11

BALDOSA 422: ANGRY BIRDS

Increible este anuncio da operadora de telefonía T-mobile. Eu tamén quero xogar así.......


17/6/11

BALDOSA 420: MUNDIAL DO 74

Retransmisión en directo do mundial do 74 dende a República Federal Alemana. O que non sei é a afición de fotografiar a televisión........


Posted by Picasa

17/5/11

BALDOSA 416: "CALCANDO" PETROGLIFOS

Onte fumos a facer os calcos e fotografiar os petroglifos que hai en Dodro. Mentres facíamos este traballo, o sol poñíase polo oeste e a luz, cada vez máis rasante, foi descubrindo un novo grabado que non estaba catalogado. Pero non só o sol estaba axudándonos, senón que a lúa chea que tivemos á noite, tamén puso o seu granito de area, facendo visible outro grabado máis.

Parecía que os nosos antergos quisexen amosarnos o seu arte facendo que o sol e a lúa iluminasen as súas obras.

O que o sol nos fixo ver:


O que a lúa amoxou:

3/5/11

BALDOSA 414: XA TEÑO CANCIÓN

Hoxe recibín un correo electrónico onde me dín que teño unha canción adicada a min.... hehehehe

;)