28/10/07

BALDOSA 37: Inferno rock




Neste link poderedes ver o programa do II festival inferno rock que se celebrará na Estrada nos proximos días 16 e 17 de novembro na sala Lennon. Haberá zona de acampada, e buses de ida e volta a Santiago.

O cartel de artistas: Venres 16: Rosendo, Gatillazo, Boikot, Nao, Knell.

Sábado 17: Soziedad Alkoholika, Habeas Corpus, Koma, Ktulu


Prezos: 1 día 20 € anticipada e 25 € en taquilla. Bono para os 2 días 35 € anticipada e 45 € en taquilla.

BALDOSA 36: Carta ós corintios

Aqui vos poño un vídeo do programa da TVE "el rey de la comedia" onde aparece Fran Campos nun resumen da súa actuación. Ánimo Fran e moita sorte.

22/10/07

BALDOSA 35: NON ME ESQUECÍN

É verdade, levo moito tempo sen escreber nada no blog. Pero non me esquecín del. Pronto volverei ó ritmo normal e de seguro que pondrei novas moi amiudo. Perdoade. Estou a descobrir novas tecnolóxicas ;-D.
Un saudiño para todos os meus lectores, e, ata moi pronto.

20/8/07

BALDOSA 33: PUBLICIDADE

Hoxe toca falar un pouco máis de mín. Outra das miñas aficións é a de estar horas diante da tele vendo centos de anuncios. Pírrame a publicidade, e estou enganchado ós festivais de publicidade. Así que, ireivos poñendo de vez en cando algún que outro spot publicitario. Hoxe comenzo cun de IBM.

BALDOSA 32: MÚSICAS DA TERRA

Aquí deixovos un vídeo da actuación de Faltriqueira no festival de Ouzande.


13/8/07

BALDOSA 31: músicas da terra

E aquí eu ca camiseta do festival de músicas da terra, celebrado o día 10 de agosto en Ouzande (A Estrada). O festival estivo xenial. Encantoume Faltriqueira ( a verdade é que son fan delas.....) e a Banda Potemkin, que os volverei ver no festival de Couso o día 14 de agosto. Así que, quen non puido ir a Ouzande que non falte a Couso.