A vida é unha longa viaxe por un camiño inacabable de baldosas amarelas cheo de desvios e cruces.......
14/7/07
BALDOSA 26: BLOG
Aquí vos deixo un enlace para un blog moi interesante. Nel se anuncian concertos de música e outras noticias. Blog creado por Marga ( antiga blogmaster de QUIERO TENER UN BLOG).
Espero que vos guste. E un saúdo para MARGA.
http://festival-izate.blogspot.com/
Espero que vos guste. E un saúdo para MARGA.
http://festival-izate.blogspot.com/
BALDOSA 25: ANIMACIÓN
10/7/07
BALDOSA 24: MAZAGÓN
Entereime hai pouco polas noticias dun enorme incendio en Mazagón. É unha mágoa. O pinar ten que ser parte de Doñana. Soamente espero que este ano non sexa como o ano pasado cos incendios.
BALDOSA 23: VACACIÓNS 2007

1/7/07
BALDOSA 22: OUTROS BLOGS
Se queredes saber algo máis de pesca, visitade este blog, adicado a este deporte dende A Estrada. Nel comenta as súas "aventuras" nos diferentes ríos de Galicia.
http://pescaengaliza.blogspot.com/
http://pescaengaliza.blogspot.com/
BALDOSA 21: CALLOBRE
Onte fun tomalo polbo a Callobre e disfrutar dos conciertos de Ruxe Ruxe, Brighantya e Treixadura . Ó final, os concertos foron anulados pola choiva, pero o polbo e o churrasco estaban boísimos. Unha mágoa.
E para a semana, a Sabucedo.........
E para a semana, a Sabucedo.........
BALDOSA 19: ZAFRA

Foto do Arco do Cubo, na cidade de Zafra. Esta cidade foi a segunda parada da miña viaxe de vacacións. Zafra é unha cidade pequena pero moi acolledora. Coincidín ca festa da Lúa ó Fogo. Festa con aires medievais que fan antecedendo ó San Xoán. Recomendo ver nesta cidade o Parador Nacional (antigo castelo), que se atopa no casco antigo, os Zurbaráns no retablo da Colexiata da Candelaria ( é unha mágoa que non estean ben iluminados, pois apenas pódense apreciar), o Convento de Santa Clara e as súas esculturas funerarias de Garci Laso de la Vega e o seu irmán , o primeiro Conde de Feira, as Plazas grande e Chica.
BALDOSA 18: A VOLTA DAS VACACIÓNS
Estou de volta das vacacións. Este foi un mes moi intenso para min, aínda que deixei un pouco de lado o blog, (non tiven moito tempo). Os primeiros días para descansar, logo de viaxe e a chegada xusto para disfrutar das festas de San Paio. E a partir de agora, de festa en festa..............
Irei poñendo pouco a pouco as fotos das vacacións.
E por certo, ó final o do Celta non puido ser. :-(
Irei poñendo pouco a pouco as fotos das vacacións.
E por certo, ó final o do Celta non puido ser. :-(
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
