
Foto do Arco do Cubo, na cidade de Zafra. Esta cidade foi a segunda parada da miña viaxe de vacacións. Zafra é unha cidade pequena pero moi acolledora. Coincidín ca festa da Lúa ó Fogo. Festa con aires medievais que fan antecedendo ó San Xoán. Recomendo ver nesta cidade o Parador Nacional (antigo castelo), que se atopa no casco antigo, os Zurbaráns no retablo da Colexiata da Candelaria ( é unha mágoa que non estean ben iluminados, pois apenas pódense apreciar), o Convento de Santa Clara e as súas esculturas funerarias de Garci Laso de la Vega e o seu irmán , o primeiro Conde de Feira, as Plazas grande e Chica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario