12/6/08

BALDOSA 103: DUBLIN 003

O Temple Bar é un pub moi coñecido en Dublin , e por eso, agora, a rúa onde se atopa e as cercanas chámase zona do Temple Bar. É a zona de marcha por excelencia en Dublin. Alí sae toda a xente, e non só os dublineses, senón xente que ven do estranxeiro a pasalo ben. Aquí é onde atopas un mogollón de Hen parties ( e non chicken parties, como dixen antes), que non son máis que despedidas de solteiras. As Hen parties teñen un tema para disfrazarse, eu vin dende as que iban de mariñeiras ata as que iban de coelliños.
Tamén é a zona onde podes atopar todo tipo de persoas, e mira que hai persoas moi raras, como o que iba disfrazado de can quente.

Esta foi a miña saída nocturna do sabado. Pasear polo Temple Bar, tomar unha Guiness na terraza dun pub, e fumar uns pitilliños, que en Irlanda, para que sepades, só se pode fumar na rúa.

Despois volta para o hotel, e a durmir ata o día seguinte.

1 comentario:

manueldetopete dijo...

que ben que só se poida fumar na rúa I LOVE IRELAND tiña que ser aquí igualiñño así non cheirabas nos bares a contaminación dos demais...
m tpt