
Este post era para onte, pero esquecínme. Así que, o poño hoxe e máis extenso.
Onte, foi o DÍA DA MARMOTAAAAAAA. E qué é o día da marmota? O día da marmota é unha festa que se celebra o 2 de febreiro e intenta predecir a duración do inverno. A máis famosa é a que se celebra no pobo de Punxsutawney, no estado de Pensilvania (EEUU). A forma de predecir a duración é polo comportamento da marmota chamada Phil (a película " Atrapado no tempo" está baseada neste día). A marmota sae da súa madrigueira e pode ter dúas reaccións: si ve a súa sombra nun día soleado e se asusta e volve a hibernar, o inverno dura seis semanas máis, pero si ó sair non ve a súa sombra e non volve a hibernar, entón a primaveira está preta.
Este ano, Phil volveu á madrigueira, aínda nos queda frío e choiva.
Estas son as prediccións deste ano según as diferentes marmotas.
Data | Predicción | Marmota | Localización |
---|---|---|---|
2010 | Primaveira adiantada | Staten Island Chuck | Staten Island (New York City) |
2010 | Primaveira adiantada | General Beauregard Lee | Snellville, Georgia |
2010 | Primaveira adiantada | Jimmy the Groundhog | Sun Prairie, Wisconsin |
2010 | Primaveira adiantada | Sir Walter Wally | Raleigh, North Carolina |
2010 | Primaveira adiantada | Octoraro Orphie | Quarryville, Pennsylvania |
2010 | Primaveira adiantada | Balzac Billy | Balzac, Alberta |
2010 | Primaveira adiantada | Buckeye Chuck | Marion, Ohio |
2010 | Primaveira adiantada | Dunkirk Dave | Dunkirk, New York |
2010 | Primaveira adiantada | Woodstock Willie | Woodstock, Illinois |
2010 | Primaveira adiantada | French Creek Freddie | French Creek, West Virginia |
2010 | 6 semanas máis de inverno | Malverne Mel | Malverne, New York |
2010 | 6 semanas máis de inverno | Woody | Howell, Michigan |
2010 | 6 semanas máis de inverno | Chuckles | Manchester, Connecticut |
2010 | 6 semanas máis de inverno | Wiarton Willie | Wiarton, Ontario |
2010 | 6 semanas máis de inverno | Shubenacadie Sam | |
2010 | 6 semanas máis de inverno | Spanish Joe | Spanish, Ontario |
2010 | 6 semanas máis de inverno | Punxsutawney Phil | Punxsutawney, Pennsylvania |
2 comentarios:
Para iso tamén nos vale o refraneiro galego...
"Se a Candelaria chora
o inverno vai fóra,
e se rí
ven aí,
que chore ou deixe de chorar
a metade do inverno está por pasar"
... e este ano non chorou...
Creo que a cousa anda un poco igualada, aínda que gañan as marmotas que din que se adianta a primaveira, claro que Phil, que é a estrela, dí o contrario.... aaaaaaaaaaaaaaaaaay mi má!!! E a quén lle facemos caso???!!! Eu por si acaso...."si el grajo vuela bajo hace un frío del.....copón".Bikiños jraaaaaaaaaaaaaaaaaaaandes!!!
Publicar un comentario