27/12/10

BALDOSA 382: ERE NO PORTAL 001

Mañá quero por o Belén na miña casa. Como estamos en crisis, antes de facelo decidín chamar a un deses consultores para que me asesore sobre como rentabilizar ó máximo o tradicional nacimento. O resultado foi sorprendente, e por iso quero comentalo. As decisións que vou tomar son as seguintes:

Pastores: Para ninguén é un segredo que en tódolos beléns hai máis pastores que ovellas, parece absurdo, pero sempre foi asi. Por suposto véxome obligado a desfacerme de todos, menos un. Instalarei pastores eléctricos co fin de controlar ás ovellas, e, unha vez instalado, plantéxome a posibilidade de sustituir, en breve, o pastor por un can con experiencia.

Personaxes gremiais: É sorprendente a cantidade de artesáns que pode haber nun belén: o ferreiro, o panadeiro, o da leña, o carpinteiro ( facendo competencia desleal a San Xosé que colleu a baixa paternal), o tendeiro,.... e sen embargo, tamén é sorprendente verlos poucos clientes que hai. A decisión que tomei é a de despedir a tódolos artesáns, e duro, pero non hai máis remedio. No seu lugar contratarei a un chinés, que nun pequeno comercio fabricará e venderá tódolos obxetos que vendían os artesáns. (Si o chinés decide subcontratar 15 menores de idade para sacar o traballo adiante é un tema no que non debo meterme.)

Posadeiro: O chinés farase cargo tamén da pousada. Ademáis, ultimamente chegaron queixas da oficina de atención ó cliente por parte de Xosé e María.

Lavandeiras: Que manía teñen os beléns de lavala roupa, co fría que debe estar a auga, con tanta neve, Suprimirei os traballos de lavandeiras, que ademáis eran ocupados sempre por mulleres. Cada ún lavarase a súa roupa nos ratos libres, potenciando así a equiparación de sexos en cuestión das tarefas domésticas.

Anxo anunciador: Suprimidos case tódolos pastores, non ten sentido a figura do anxo anunciador. Sustituireino por un anuncio luminoso, en donde tamén poderei anuncialas ofertas do chinés.

Castelo de Herodes: A Herodes mantereino no seu posto. Non é polo que fai, que non fai nada, pero manda, e non é cuestión de poñerse a despedir directivos. Soldados, quédome con dous por razóns de seguridade, pero externalízoos. Os contratarei por medio dunha ETT, para que me presten servicio como gardas de seguridade. Aforro costes fixos e gaño en flexibilidade.

Paseantes varios: É sorprendente vela cantidad de personaxes que abundan nun belén, sen facer nada, absolutamente nada. Todos despedidos. Esto tiña que habelo feito fai tempo.

Paseantes con agasallos: Observei que otro grupo de paseantes, algo menos ociosos, pero non moito máis productivos, diríxense cara o portal cunha variada cantidade de obxetos. Uns con galiñas, outros con ovellas, outros con cestas... Posto que todos teñen o mesmo destino, organizarei un servicio de loxística, para rentabilizar o proceso. Despedirei a tódolos paseantes, quedará ún deles por medio dunha ETT, e con axuda dun animal de carga, recollerá tódolos agasallos cada tres días e os levará ó portal.


(continuará............................)

2 comentarios:

manueldetopete dijo...

chámalle NOVObelénGALICIA; para aforrar custes tamén podes poñerlles uniformes a todos os membros do cadro de persoal...
(o meu comentario non ten nada que ver coa realidade...)

Unknown dijo...

MOI BO ! jajajajaja.....E dacordo con Manueldetopete....