18/2/08

BALDOSA 63: A VODA

Este sábado fun de voda, e como é habitual en mín, non levei gravata. A razón é que, por máis que mo expliquen, nunca recordo como se fai o nó, e sempre poño de desculpa que, unha vez vin unha reportaxe na tele onde uns científicos xaponeses demostraron que por culpa da gravata, o aire acondicionado funcionaba por máis tempo consumindo máis enerxía, polo que para aforrar e contaminar menos, os traballadores da oficina non podían usala, e como bo que son, para contaminar menos e aforrar enerxía, eu tampoco a poñía.  Son un fracasado da gravata. Cada vez que o intento, sae unha cousa rara, que máis que nó parece unha croqueta. Pero creo que isto vai cambiar. Por fín atopei unha forma rápida e cómoda de facelo nó en tan só 10 segundos. Aquí deixo a receta. Intentadeo e xa veredes que fácil é.



4 comentarios:

Unknown dijo...

Hola ! pois eu ainda teño unha millor proposta...
que mo faga M-----....., fainos moi ben, e eu non o desfago....,por se acaso logo...
ji,ji,ji.....
¡Porfa...,cuando tengas fotos antiguas de La Estrada, ponlas...!me gusto mucho la de la nieve...
Hasta otra...! ji,ji,..

Unknown dijo...

perdon...! tiña que seguir en galego...
sintooooo !

Unknown dijo...

Non sei si mandarche a gravata para que M..... me faga o nó, he he he, así o deixo feito ata a proxima voda.
Buscarei polos CD´s en busca de máis fotos antigas e ireinas poñendo. Un biquiño.

casadarriba dijo...

a verdade é que parece máis doado antes de explicalo....
non sei non nei
eu tamén fun sen garavata
he he