A vida é unha longa viaxe por un camiño inacabable de baldosas amarelas cheo de desvios e cruces.......
18/2/08
BALDOSA 63: A VODA
Este sábado fun de voda, e como é habitual en mín, non levei gravata. A razón é que, por máis que mo expliquen, nunca recordo como se fai o nó, e sempre poño de desculpa que, unha vez vin unha reportaxe na tele onde uns científicos xaponeses demostraron que por culpa da gravata, o aire acondicionado funcionaba por máis tempo consumindo máis enerxía, polo que para aforrar e contaminar menos, os traballadores da oficina non podían usala, e como bo que son, para contaminar menos e aforrar enerxía, eu tampoco a poñía. Son un fracasado da gravata. Cada vez que o intento, sae unha cousa rara, que máis que nó parece unha croqueta. Pero creo que isto vai cambiar. Por fín atopei unha forma rápida e cómoda de facelo nó en tan só 10 segundos. Aquí deixo a receta. Intentadeo e xa veredes que fácil é.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Hola ! pois eu ainda teño unha millor proposta...
que mo faga M-----....., fainos moi ben, e eu non o desfago....,por se acaso logo...
ji,ji,ji.....
¡Porfa...,cuando tengas fotos antiguas de La Estrada, ponlas...!me gusto mucho la de la nieve...
Hasta otra...! ji,ji,..
perdon...! tiña que seguir en galego...
sintooooo !
Non sei si mandarche a gravata para que M..... me faga o nó, he he he, así o deixo feito ata a proxima voda.
Buscarei polos CD´s en busca de máis fotos antigas e ireinas poñendo. Un biquiño.
a verdade é que parece máis doado antes de explicalo....
non sei non nei
eu tamén fun sen garavata
he he
Publicar un comentario