11/6/08

BALDOSA 101: VIAXE A DUBLIN 001

Tá fáilte romhat i Éire !

(Benvidos a Irlanda ! )

E agora comenzan as miñas peripecias en Dublin. He, he, he, ireinas comentando ós poucos, así non vos emborracharei de información. Irei paso a paso, e con fotos, para non aburrirvos.

A chegada foi o sábado 7 ás 19:00 horas, cun retraso do avión ( Air Lingus ) de media hora (empezamos ben). Alí esperábame o meu irmán ( a min ou a súa amiga, que por certo, viaxei con ela no avión e ca cal falei antes de embarcar , he, he, he). Ida ó hotel (céntrico, en O´Connell Street), deixa-las cousas, e a sair a tomar as primeiras pints of guiness ( que pasada, están boísimas e non saben para nada como as de aquí, por qué? snif, snif, snif..... ). Despois porei as primeiras fotos e falareivos das Chicken parties no Temple Bar.

2 comentarios:

Alex dijo...

Non son "Chicken parties", son "Hen Parties", vas ven encaminhado.... hahahahah

Unknown dijo...

Bueno........, sabe deus o que fun entendendo por ahi, heheheheheh