2/6/08

BALDOSA 97: A LAGOA SACRA




Esta fin de semana pasada, foi de novo para ir de excursión. Esta vez fun á Lagoa Sacra de Olives (A Estrada), para ver ata que punto a choiva destos días a encheu. Agora sí que é unha lagoa.
Segundo comenta Fermín Bouza-Brey a Lagoa Sacra da parroquia estradense de Olives ten posiblemente que ver cun antigo culto ás augas, anterior á época romana. Pola súa parte, Pedro Varela describe o lugar desde xeito: "Entre Olives e Seoane de Forcarei, alá na altura do monte, está a Lagona Sacra, que consiste nunha lagoa moi notable, duns vinte ferrados de extensión, presentando en todo o seu perímetro vestixio de amurallamento. Cóntase que se librou nas súas inmediacións unha gran batalla e que os cadáveres foron botados ó lago; por iso a amurallaron despois, para evitar profanacións, e a denominan Lagona ou Lagoa Sacra. En inverno hai alí moitos patos".

2 comentarios:

JORDI dijo...

Seguire con interes estas excursiones,asi cuando vaya por A Estrada,hare algo más que no solo ir de vinos.Por cierto no me hago viejo,empiezo a hacerme adulto je je

Unknown dijo...

Hahahahahah, e que ca miña xuventude, confundo a madurez ca vellez, hehehehehe