Hoxe o post é un pouco máis tarde, pero o cansancio destes días puido con un.
Tocounos madrugar un pouquiño, pois ás 9:30 tíñamos que estar no Museo do Prado. Collimos o metro ata Atocha e dende alí camiñando ó Prado. Chegamos con dez minutos de adianto. O museo é enorme, e non se pode ver todo nun día, senón ó final, non sabes nin o que estás a ver. Visitamos as salas de Goya, Velázquez, O Greco e O Bosco. Sinceramente, as láminas e as fotos dalguns cadros non dín nada do que realmente impresionan na realidade. Si podedes ir, non dubidedes. O seguinte paso é tomar a primeira cañita. Facemos cola para coller entradas para o Museo Thyssen e ver a exposición sobre Modigliani. As conseguimos pero para ás 14:15 horas, así que, para facer tempo, paseamos un pouco, pasamos por diante dos leóns do Congreso dos Diputados, outra cañita, e voltamos ó Thyssen. A exposición de Modigliani e pequena pero moi interesante, e ademáis, atópase dividida en dous edificios, o Thyssen e na Fundación de Caixa Madrid, que fumos visitar despois de comer un bocata de calamares na Plaza Maior. Parada na Chocolateria Valor e merco o segundo autoregalo nunha tenda de discos de segunda man. Imos para casa e, unha longa siesta. Hoxe temos invitada a cear, a nosa amiga da capital. Maña voltamos á casa.
P.D.: Hoxe non hai fotos. Nos museos non se poden sacar fotos. He,he,he.........