A vida é unha longa viaxe por un camiño inacabable de baldosas amarelas cheo de desvios e cruces.......
17/3/08
BALDOSA 73: MADRID 02
Seguimos visitando a cidade. Hoxe tocou pasear por ela, e visitar a unha amiga que temos aquí.
Comezamos polo Templo de Debod, templo que Exipto regalou por axudarlle á reconstrucción do templo de Abu Simbel. Continuamos baixando pola rúa de Bailén ata chegar ó Palacio Real e a Catedral da Almudena. Seguimos baixando por Bailén, (1ª cañita "Estrella Galicia") ata a Porta de Toledo, onde decidimos pasear polo Rastro (compra do primer autoregalo, hehehe). Quedamos ca nosa amiga e fumos comer. O restaurante elexido ENE, na rúa Nuncio, lugar moderno, con menú de Nova Cociña (platos elaborados e moi ben emplatados) e ca filosofía do Brunch (unión de breakfast e lunch). Despois de comer, seguimos de paseo pola ciade ata a rúa Fuencarral, para mirar tendas. Paradita para o segundo refrixerio, nun café. Acercámonos ata Chueca, onde collemos o metro (linea 5) ata Acacias, para coller o coche e ir ata o piso da nosa amiga. Té e bombóns. Traenos de volta ó noso piso. Son ás 21:00 horas. Cea no piso con menú de Burguer King. Tamos cansos e tirados no sofá. Fín do día.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario