24/3/08

BALDOSA 78: MADRID 05

Estamos de volta. Regresamos o 19, e ata hoxe tocou descansar un pouco, despois de tanto pasear pola capital. Por fín sei qué é unha operación saída en Madrid. Nunca tardei tanto (case unha hora) en recorrer cinco quilómetros. Era case o único típico da capital que nos quedaba por probar, hehehe, realmente os que pillan atasco tódolos días para ir traballar non sei como non rematan tolos.

No hay comentarios: