A vida é unha longa viaxe por un camiño inacabable de baldosas amarelas cheo de desvios e cruces.......
17/3/08
BALDOSA 75: MADRID 03
E seguimos ca crónica das nosas andanzas na capital. Hoxe comezamos collendo o metro na Plaza de España cara a Estación de Atocha. Recorrimos a estación,e o seu parque interior. Saímos da estación, primeira cañita e tiramos cara o Museo de Arte Contemporáneo Reina Sofía. Facemos cola, compramos as entradas (6€ cada unha) e visitamos a exposición de Picasso, catro salas enormes cheos de pinturas, bocetos, esculturas, e como non, o Guernica. Saímos a comer. Esta vez menú do día (9´20€ por cabeza) no resturante Mora, no Paseo do Prado 32. Comimos moi ben, incluida cañita de Estrella Galicia. Subimos polo Paseo do Prado e visitamos o edificio do Caixa Forum. Merece a pena visitalo, ver a cubierta de ferro e tomar un café na súa cafetería no último piso, eso sí, subide pola escaleira. Seguimos ata a Rúa Goya e visitamos a exposición Bodies, exposición sobre o corpo humano con cadáveres e órganos reais, impresionante, (17´50€ a entrada). Baixamos un pouco polo Paseo do Prado e cafecitos no famoso Café Gijón (atención, prezos "europeos"). Non vemos a ninguén famoso nel. Voltamos ata rúa Fuencarral e Hortaleza a mirar tendas. Primer incidente, teléfono mobil desaparecido da mochila. Volta a casa pasando polo super para facer a cea.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario