A vida é unha longa viaxe por un camiño inacabable de baldosas amarelas cheo de desvios e cruces.......
15/3/08
BALDOSA 72: MADRID
Aproveitando ás vacacións de Semana Santa, decidín marchar de viaxe. Esta vez, elexín a capital, Madrid. Non vin só, acompáñanme dous amigos. Saímos da Estrada pola mañá, e con tranquilidade pola autovía, chegamos sobre ás catro da tarde. Para a nosa estadía en Madrid, decidimos alugar un apartamento na Rúa Princesa, e a verdade, foi unha moi boa idea, pois énos máis barato cun hotel e dispoñemos de todo un piso para nos, con wifi incluida, que é a que estou a usar para actualizar este blog. Para que vexades o que vemos dende a nosa fiestra do noso 11º piso, unha fotito.
E mañá, máis.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario