Hoxe o post é un pouco máis tarde, pero o cansancio destes días puido con un.
Tocounos madrugar un pouquiño, pois ás 9:30 tíñamos que estar no Museo do Prado. Collimos o metro ata Atocha e dende alí camiñando ó Prado. Chegamos con dez minutos de adianto. O museo é enorme, e non se pode ver todo nun día, senón ó final, non sabes nin o que estás a ver. Visitamos as salas de Goya, Velázquez, O Greco e O Bosco. Sinceramente, as láminas e as fotos dalguns cadros non dín nada do que realmente impresionan na realidade. Si podedes ir, non dubidedes. O seguinte paso é tomar a primeira cañita. Facemos cola para coller entradas para o Museo Thyssen e ver a exposición sobre Modigliani. As conseguimos pero para ás 14:15 horas, así que, para facer tempo, paseamos un pouco, pasamos por diante dos leóns do Congreso dos Diputados, outra cañita, e voltamos ó Thyssen. A exposición de Modigliani e pequena pero moi interesante, e ademáis, atópase dividida en dous edificios, o Thyssen e na Fundación de Caixa Madrid, que fumos visitar despois de comer un bocata de calamares na Plaza Maior. Parada na Chocolateria Valor e merco o segundo autoregalo nunha tenda de discos de segunda man. Imos para casa e, unha longa siesta. Hoxe temos invitada a cear, a nosa amiga da capital. Maña voltamos á casa.
P.D.: Hoxe non hai fotos. Nos museos non se poden sacar fotos. He,he,he.........
2 comentarios:
E seguro que non quitaches fotos? Non mo creo!
Un saúdo unha que acaba de flipar ao descubrir quen era Curracho...
Que despiste!
Colibrí
Pois non fixen fotos. Estabamos máis vixiados que o rei, he he he.
Es que curracho non é moi coñecido..........
Publicar un comentario