28/5/07

BALDOSA 17: Celta de Vigo


E por fín a foto que vos prometín. Uns estradense co Celta. Ánimo Celta, que ídelo conseguir.

22/5/07

BALDOSA 16: MARGA

Hoxe, entrando nun dos blogs que vexo tódolos días, vin que a autora vaino pechar porque está farta dos comentarios da xente. Dende aquí dígolle que NON O FAGA. Que vai ser de mín? Como vou rechear ese tempo adicado a esa maravillosa páxina?
Margaaaaaaaaaaaa, NON O FAGASSSSSSSSS.

http://www.losmundosdemarga.blogspot.com/

BALDOSA 15: ALA CELTAAAA

Hoxe, para animar un pouco ó Celta, ía poñer unha foto duns estradenses co equipo en Algeciras, pero non sei que pasa que o blogger non me deixa baixar a foto, así que, tan pronto poida , poñereina.

20/5/07

BALDOSA 14: A ESTRADA

E aquí outra foto do meu pobo. É de fai uns cantos anos e despois dunha gran nevada. Que soa se vía a Igresia, non?

14/5/07

BALDOSA 13: BASTAAAAAAAAAAA

Bastaaaaaaaaaaaa. Só levamos 4 días de campaña para as eleccións municipais, e xa estou farto.
Farto de que me desperten ás 10 da mañá o fín de semana, non só cun coche con megafonía, senón que 3. Que ademáis, parece que só andan pola miña rúa.

QUERO DURMIRRRRRRRRRRRR
Non quero volvelos a escoitar. Debería estar prohibido. Que poñan carteis, que son máis silenciosos, e que despois da campaña, os recollan.
Porque esa é outra, moito por carteis, e logo, despois das eleccións, ninguén os recolle, quedando o pobo feito unha piltrafa, cheo de carteis políticos tirados no chan.

BALDOSA 12 : A ESTRADA


E aquí vai unha foto de fai uns cantos anos do meu pobo. Esta foto é da Plaza de Galicia, e estáse a preparar o alumeado das festas de San Paio.
Gracias maelock por deixarme estas fotos.

BALDOSA 11: Disculpas

Quérovos pedir disculpas a tódolos usuarios de navegadores diferentes ó explorer, pois ca introducción do vídeo, o blog vólvese tolo, e só queda ben se o ves co internet explorer. Pero o máis grave, é que non sei como facer para que isto non ocurra. Prometo que intentarei aprender para que isto non volva a suceder.

3/5/07

BALDOSA 010: MAXIA


www.Tu.tv


Levaba tempo sen subir nada, e é porque estiven a probar cousas novas e a bucear pola rede. Nestes días, e despois de ver as actuacións de maxia na cidade de Santiago de Compostela, ocurreúseme facer un especial trucos neste blog. E así o estrenamos co extraordinario DAVID COPPERFIELD www.Tu.tv