25/11/08

BALDOSA 137: 25 DE NOVEMBRO

E 26, e 27, 28, 29, 30, 31, 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, e lúns, martes, mércores, xoves, venres, sábado, domingo, e xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro, e 2008, 2009, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2015...............

Tódolos días son días internacionais sen VIOLENCIA

NON á violencia de xénero


11/11/08

BALDOSA 133: IN MEMORIAN

Todos, cando nacemos, poñemos a primeira baldosa amarela do noso camiño particular. Día a día, imos conformando ese camiño ata chegar ó noso propio final e atopar ó noso peculiar Mago de Oz.

Hoxe, 11 de novembro de 2008, D. Manuel Castiñeira Rodríguez, cura párroco das parroquias de San Paio da Estrada e San Lourenzo de Ouzande colocou á súa derradeira baldosa. 

Espero que ó final  atope ó seu mago de Oz.


Na súa memoria, poño unha foto antiga (é a única que teño del) nunha aula, penso que no Colexio Público Jose Antonio da Estrada.



 


10/11/08

BALDOSA 132: PREMIO DE POESÍA

Hoxe teño que dar a miña noraboa a unha persoa que acadou o seu primer premio de poesía. O concurso foi o XXI edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé.

Se queredes saber máis, poño o link da noticia.


http://www.fenecidadan.net/asociacions/post.php?mw=unidade&idblog=290&lg=gal


E de novo, a miña noraboa, Susana.

P.D.: Se queredes ler algunha das súas poesías, tedes o seu blog:

http://www.blogoteca.com/dedoscomovermes/index.php

3/11/08

BALDOSA 131: FIN DE SEMANA

Esta fin de semana fun de descanso a unha casiña rural. En realidade era un antigo muiño convertido es casiña rural. Estivo xenial, un pouco fría pola humidade (tíñamos o río pegadiño á casa), pero quentamos a base de licor café, hehehehe.



O lugar foi Palas de Rei, e chámase O Muiño de Roxán. Poño unhas fotos para que a veades e darvos un pouco de envexa.


P.D.: A foto non a fixen eu, e da cámara de margosiña, eu estiven a facer vídeo. Calquera día poño un anaco.