Mostrando entradas con la etiqueta ANUNCIOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ANUNCIOS. Mostrar todas las entradas

29/6/11

BALDOSA 422: ANGRY BIRDS

Increible este anuncio da operadora de telefonía T-mobile. Eu tamén quero xogar así.......


18/11/10

BALDOSA 372:VIVAMOS COMO GALEGOS

Este é o novo anuncio do supermercado Gadis, continuando ca súa campaña "Vivamos como galegos".
Atención ó mando a distancia da señora, impresionante......

5/11/09

BALDOSA 252: LECTOR DNIE

Fai dias que na esquerda do meu blog puxen un link para obter un lector de DNI electrónico a un módico prezo de 2€ pois é subvencionado polo plan avanza do estado. Hoxe chegou o meu por correo. Vouno probar e ireivos contando....





Deixarei o link uns días máis, así que aproveitade a ocasión.

3/11/09

BALDOSA 251: ARTFUTURA

A pasada fin de semana, en varias cidades de España, entre elas Vigo, celebrouse o festival Artfutura. E que é Artfutura?, pois o festival da cultura e creatividade dixital, que explora os proxectos e as ideas máis importantes nados no panorama internacional do deseño de interación, os videoxogos, animación dixital... Leva xa 19 anos celebrándose.



7/6/09

BALDOSA 201: 25 ANOS DO TETRIS

O día 6 de xuño fixo 25 anos da creación do xogo do TETRIS. Creado polo ruso Alekséi Pázhitnov cando traballaba na Academia de ciencias de Moscú. É un xogo tipo puzle. O seu nome ven de Tetra (catro ), porque cada unha das pezas está formada por catro cadrados. Se non me equivoco, debe ser un dos xogos máis versionados e xogados do mundo. Quen non xogou algunha vez?
Esta é a imaxe de GOOGLE para celebrar o evento.

22/2/09

BALDOSA 162: O MEU DISFRAZ

Despois de varias probas, este ano decido disfrazar este blog co traxe de Princesiña Disney.

19/2/09

BALDOSA 161: ANTROIDO

Dende hoxe ata mañá, este blog vaise probar diferentes disfraces para acudir á festa do antroido, así que, si entrades e estou raro, non vos preocupedes, é que estou a axustar o traxe.

Felices festas de antroido, e coidado cos cocidos, filloas e orellas.

9/12/08

BALDOSA 142: DESEXOS PARA O ANINOVO

Para todos aqueles que no 2008 me remitiron correos desexando paz e felicidade ou dicindo que, si os reenviaba, sería rico ou millonario...

NON FUNCIONOU!

Este ano que se aproxima (2009), por favor, manden diñeiro, regalos ou cesta de Nadal.


Moitas gracias.

Bicos e apertas.

28/11/08