14/7/07

BALDOSA 26: BLOG

Aquí vos deixo un enlace para un blog moi interesante. Nel se anuncian concertos de música e outras noticias. Blog creado por Marga ( antiga blogmaster de QUIERO TENER UN BLOG).
Espero que vos guste. E un saúdo para MARGA.

http://festival-izate.blogspot.com/

BALDOSA 25: ANIMACIÓN

Hoxe vou escomenzar un novo apartado. É sobre unha das miñas aficións. Teño días que paso horas mirándoos. Son os cortos de animación. Aquí vos poño un da casa PIXAR.


www.Tu.tv

10/7/07

BALDOSA 24: MAZAGÓN

Entereime hai pouco polas noticias dun enorme incendio en Mazagón. É unha mágoa. O pinar ten que ser parte de Doñana. Soamente espero que este ano non sexa como o ano pasado cos incendios.

BALDOSA 23: VACACIÓNS 2007

Esta foto pertence á praia de Mazagón (Huelva), outra parada nas miñas vacacións. Atópase ó final dun acantilado, no cal está o hotel onde durmín (o Parador de Mazagón). A verdade é que a zona é moi fermosa, pois todo está dentro do parque nacional de Doñana. O máis feo (para min) son os pobos cercanos, pois todos son campos de golf rodeados de urbanizacións, as cales, en gran maioría, queda baleiras fora da tempada estival.

1/7/07

BALDOSA 22: OUTROS BLOGS

Se queredes saber algo máis de pesca, visitade este blog, adicado a este deporte dende A Estrada. Nel comenta as súas "aventuras" nos diferentes ríos de Galicia.

http://pescaengaliza.blogspot.com/

BALDOSA 21: CALLOBRE

Onte fun tomalo polbo a Callobre e disfrutar dos conciertos de Ruxe Ruxe, Brighantya e Treixadura . Ó final, os concertos foron anulados pola choiva, pero o polbo e o churrasco estaban boísimos. Unha mágoa.
E para a semana, a Sabucedo.........

BALDOSA 20: SEGUIMOS EN ZAFRA

Unha foto do Xadrez vivinte durante a festa Da lúa ó fogo, unhas das varias actividades que fixeron durante as festas. O que non sei foi quen gañou, se as brancas ou negras.

BALDOSA 19: ZAFRA


Foto do Arco do Cubo, na cidade de Zafra. Esta cidade foi a segunda parada da miña viaxe de vacacións. Zafra é unha cidade pequena pero moi acolledora. Coincidín ca festa da Lúa ó Fogo. Festa con aires medievais que fan antecedendo ó San Xoán. Recomendo ver nesta cidade o Parador Nacional (antigo castelo), que se atopa no casco antigo, os Zurbaráns no retablo da Colexiata da Candelaria ( é unha mágoa que non estean ben iluminados, pois apenas pódense apreciar), o Convento de Santa Clara e as súas esculturas funerarias de Garci Laso de la Vega e o seu irmán , o primeiro Conde de Feira, as Plazas grande e Chica.

BALDOSA 18: A VOLTA DAS VACACIÓNS

Estou de volta das vacacións. Este foi un mes moi intenso para min, aínda que deixei un pouco de lado o blog, (non tiven moito tempo). Os primeiros días para descansar, logo de viaxe e a chegada xusto para disfrutar das festas de San Paio. E a partir de agora, de festa en festa..............
Irei poñendo pouco a pouco as fotos das vacacións.
E por certo, ó final o do Celta non puido ser. :-(