28/3/09

BALDOSA 183: FELICIDADESSSSSSS


Hai moitas formas de dicilo, pero creo que esta é a forma máis clara....


Felicidades polo teu cumpreanossssss Jordiiiiiiiiiii

24/3/09

BALDOSA 178: FOTOS ANCARES 003


En Navia de Suarna


Na feira de Becerreá, comendo o polbo, eu cos agasallos do cumple (a que molan mogollón, moitas gracias amigos/as)

23/3/09

BALDOSA 177: FOTOS ANCARES 002



Aquí fotos da primeira ruta, que demostran que eu ía de coche escoba mentres os demáis gañaban, co seu suor, os fantásticos bocatas que tíñamos para comer en O Piornedo.

BALDOSA 176: FOTOS ANCARES 001

A nosa residencia durante estes días. A Palloza Baltasar (Castelo de Donís)



Vista da entrada principal

Vista da parte traseira, ca porta que da a unha das habitacións de matrimonio .

22/3/09

BALDOSA 175: A PRIMEIRA RUTA NOS ANCARES

Esta é a primeira ruta que fixemos a pé (hummmmm, eu ía de coche escoba, hehehehe)




É dende Castelo de Donís (onde está a Palloza Baltasar, o noso lugar de residencia) ata o lugar de Piornedo. Son uns oito quilómetros pola carretera, aínda que no mapa diga que son dezaseis, pois non sei porque o GPS marcaou a ruta como si fose ida e volta)

BALDOSA 174: O RETORNO

Acabo de chegar das mini-vacacións nos Ancares. Estivo xenial, aínda que teño unhas maniotas nas pernas que non sei si poderei levantarme do sofá para ir traballar mañana, hehehehe....... Estivo xenial e a Palloza Baltasar, que foi onde estivemos aloxados estes días, moi ben, aínda que si tedes pensado ir, levade un pouco de menaxe para a cociña que a que hai é un pouco excasa. Os seguintes post serán fotos dos Ancares e as rutas que fixemos.

10/3/09

BALDOSA 170: SEN PALABRAS

O post anterior foi un intento de axudar a unha familia e amigos, pero foi tarde, e cun final non desexado. Onte á tarde apareceu. E é por iso que, aínda que deixe o título elimino o cartel.

Un forte abrazo á familia e amigos.

6/3/09

BALDOSA 168: INVESTIGACIÓNS

Todo o mundo sabe que neste mundo hai milleiros de investigacións de todo tipo, pero o que realmente sorprende son algunhas que, realmente, hai que ter moito tempo morto e aburrirse a esgalla.
Esta atopeina hoxe, e por moito que penso, non sei para que serve, vosotros veredes.
(A noticia collínna de www.vieiros.com)

Descobren por que se acumula peluxe no embigo

Un científico austríaco analizou durante tres anos que motivos levan á atracción de lixo nesa cavidade corporal.

Redacción - 12:49 03/03/2009

Un químico austríaco, Georg Steinhauser, acaba de presentar os resultados da sua investigación de tres anos sobre por que o embigo se enche de peluxe. O científico descubriu que hai un certo tipo de pelo corporal que atrae os lixos até a cavidade, despois de estudar 503 fragmentos do seu propio embigo.


Segundo as análises químicas que practicou, eses restos non están formados completamente polo algodón da roupa, senón tamén por restos de pel morta, graxa, suor e po. As observacións do doutor Steinhauser amosaron que "pequenos fragmentos de peluxe fórmanse primeiro no pelo e logo acaban no interior do embigo ao final do día".

A investigación, publicada no xornal Medical Hypotheses, explica que a forma afiada do pelo fomenta a "abrasión de minúsculas fibras téxtiles" e diríxeas cara ao burato, ao que contribúe que ese pelo "parece medrar en círculos concéntricos arredor do embigo".

O investigador da Universidade de Tecnoloxía de Viena tamén consultou a amigos, familiares e compañeiros de traballo sobre as súas peluxes. Steinhauser chegou á conclusión de que afeitar a barriga ten como resultado un embigo libre de peluxe, aínda que só até que o pelo volve medrar. Outros consellos para evitar esta molestia son levar roupa vella, que solta menos peluxe ca a recén estreada. Do mesmo xeito, pode axudar levar un piercing no embigo, que varre as fibras antes de que se asenten.

O doutor, que ademais investigou, entre outras cousas, a erosión da súa alianza de voda, tamén analizou por que algunhas persoas tenden a atraer máis peluxe ca outras. Un estudo anterior efectuado en Australia con 5 mil persoas chegou á conclusión de que as máis propensas a acumular peluxe no embigo son "homes de mediana idade con lixeiro sobrepeso e abdome peludo".

Naquel estudo, efectuado por Karl Kruszelnicki, tamén se chegou á conclusión de que esa peluxe é habitualmente de cor azul, polo uso de pantalóns vaqueiros e o feito de que as fibras acaban subindo até o embigo.

1/3/09

BALDOSA 166: RESULTADO FINAL ELECCIONS PARLAMENTO DE GALICIA 2009


Representación do hemiciclo 2009



PP : 39 deputados
PSdeG-PESOE: 24 deputados
BNG: 12 deputados

BALDOSA 165: RESULTADO ELECCIÓNS A ESTRADA

Escrutado 100%
2009 ___________ 2005
Total votantes ____ 13.624 ___72,71% ____________68,75%
Abstención ________5.113 __27,29% _____________31,25%
Votos nulos _________154 ___1,13% ______________0,52%
Votos en branco ______216___ 1,59% ______________1,22%



Votos________________ Votos
P.P. ______________6.445 ____47,85% _______49,83% ___6.474
PSdeG-PSOE________ 4.507 ____33,46%_______ 27,02% ___3.511
B.N.G._____________ 2.012 ____14,94% _______20,32% ___2.640

BALDOSA 164: ELECCIÓNS

Hoxe é o día no que temos que decidir quen será o que durante os próximos catro anos vai dirixir o goberno e o futuro de Galicia. O noso deber é ir votar, é o momento de falar, de dicir o que pensamos. Hoxe en día aínda non entendo a aqueles que se negan a votar. Non comprenden que é a forma de facerse oir?, non enenden que incluso os votos en blanco dín máis que un no voto?.

Así que, dende aquí animo a todos a exercer o seu dereito ó voto. Votade, sexa o que sexa, votade, é un dereito e un deber.