17/5/11

BALDOSA 416: "CALCANDO" PETROGLIFOS

Onte fumos a facer os calcos e fotografiar os petroglifos que hai en Dodro. Mentres facíamos este traballo, o sol poñíase polo oeste e a luz, cada vez máis rasante, foi descubrindo un novo grabado que non estaba catalogado. Pero non só o sol estaba axudándonos, senón que a lúa chea que tivemos á noite, tamén puso o seu granito de area, facendo visible outro grabado máis.

Parecía que os nosos antergos quisexen amosarnos o seu arte facendo que o sol e a lúa iluminasen as súas obras.

O que o sol nos fixo ver:


O que a lúa amoxou:

3/5/11

BALDOSA 414: XA TEÑO CANCIÓN

Hoxe recibín un correo electrónico onde me dín que teño unha canción adicada a min.... hehehehe

;)