27/7/10

BALDOSA 340: FINAL FANTASY

O domingo pola tarde, volvín a xogar unha partida a playstation, concretamente ó xogo Final Fantasy X. E volveume a suceder o mesmo, ENGANCHEIME!!!!! de novo. Pero claro, como non, para mín é o mellor xogo de tódolos tempos. Senon mirade:


26/7/10

BALDOSA 339: PECHE DE WEBS

O 24 deste mes pechou a web Vieiros, despois de 15 anos na rede informándonos das cousas que pasaban en Galicia, pero ademáis, o 25 tamén pecha outra mítica web da nosa rede, Chuza!.
Parece que neste ano Xacobeo sopran ventos de cambios.........

25/7/10

BALDOSA 338: O MUNDIAL

Esqueceúseme poñer fotos da celebración da final do mundial de futbol na Estrada.......









24/7/10

BALDOSA 337: A FERVENZA DE CALLOBRE

Todos temos un día de esos no que facemos cousas sen telas preparadas. Deixamos que a improvisación nos rixa. Son as que eu chamo "locuras". O sábado pasado foi un deses días nos que un fai "locuras". Era pola tarde e facía calor. Era un día normal, é dicir, estaba facendo o de sempre, tomar un café na Farola cos amigos. Cando a alguén de súpeto, ocurreuselle falar da fervenza de Callobre. Algo que temos preto, que ún sempre quere ir ver pero non atopa o momento adecuado. Aproveitando a wifi da cafetería e que tíñamos ordenador, tentamos localizala a través do google maps, e unha vez localizada (máis ou menos) e ver algunhas fotos, arracamos para vela, sin antes, claro, protestar un pouco porque tiñamos que andar,(hehehehe).
Despois de andar un anaco, preguntar nunha casa, dar unha voltiña, isto foi o que atopamos:



De Fervenza de callobre

De Fervenza de callobre


De Fervenza de callobre


De Fervenza de callobre

14/7/10

BALDOSA 336: SAN CRISTOVO

O domingo celebrouse de novo o San Cristovo na Estrada. Facía anos que non se celebraba. Estos son algúns dos vehículos que acudiron.










12/7/10

BALDOSA 334: ROCK AND CLOWN



E seguimos de festa. O sábado á noite na Estrada, houbo o festival rock and clown. Participaron varios grupos de música e varios clown. Non estivo nada mal. Tulsa xenial, Elliot incrible, Elliot Murphy ben, Nacho Vegas uff, (bastante ñoño e aburrido), Leo Bassi ben, pouco tempo e mesturando un pouco varios dos seus espectáculos, Calaveras y diablitos Troula, moi ben,poñendo unha nota de espectáculo con fogos de artificio, Sonic Angels y The right ons, non sei como estiveron, pois xa non quedei para velos. Durante o día varios clown percorrían as rúas para ir animando. Para a organización decirlles que ben, o lugar escollido xenial, pero habería que mellorar algunhas cousas. Ter un horario das actuacións exposto no lugar e mellorar a cervexa, que estaba intragable. Polo demáis, espero que fora unha boa experiencia e que volva a facerse para o ano.








11/7/10

BALDOSA 333: RAPA DAS BESTAS





A pasada fin de semana fun ata a Rapa das bestas de Sabucedo. Comín polbo (como non), e despois ó primeiro curro. Estaba cheo de xente, debín facer unha media hora de cola para poder entrar. Este primeiro curro foi bastante tranquilo, con poucas peleas de garañóns, pero con algúns aloitadores feridos leves.

7/7/10

BALDOSA 332: MAIS JIBJAB

Isto é superior a min. Non podo deixar pasa-la oportunidade de crear outro vídeo jibjab. Disfrutadeo e non riades moito.

Personalize funny videos and birthday eCards at JibJab!