Todos temos un día de esos no que facemos cousas sen telas preparadas. Deixamos que a improvisación nos rixa. Son as que eu chamo "locuras". O sábado pasado foi un deses días nos que un fai "locuras". Era pola tarde e facía calor. Era un día normal, é dicir, estaba facendo o de sempre, tomar un café na Farola cos amigos. Cando a alguén de súpeto, ocurreuselle falar da fervenza de Callobre. Algo que temos preto, que ún sempre quere ir ver pero non atopa o momento adecuado. Aproveitando a wifi da cafetería e que tíñamos ordenador, tentamos localizala a través do google maps, e unha vez localizada (máis ou menos) e ver algunhas fotos, arracamos para vela, sin antes, claro, protestar un pouco porque tiñamos que andar,(hehehehe).
Despois de andar un anaco, preguntar nunha casa, dar unha voltiña, isto foi o que atopamos:
3 comentarios:
que lugar tan chulo ! e tan preto da casa !
É verdade que o sitio é moi chulo....
bella cascata!!!
Publicar un comentario