12/7/10

BALDOSA 334: ROCK AND CLOWN



E seguimos de festa. O sábado á noite na Estrada, houbo o festival rock and clown. Participaron varios grupos de música e varios clown. Non estivo nada mal. Tulsa xenial, Elliot incrible, Elliot Murphy ben, Nacho Vegas uff, (bastante ñoño e aburrido), Leo Bassi ben, pouco tempo e mesturando un pouco varios dos seus espectáculos, Calaveras y diablitos Troula, moi ben,poñendo unha nota de espectáculo con fogos de artificio, Sonic Angels y The right ons, non sei como estiveron, pois xa non quedei para velos. Durante o día varios clown percorrían as rúas para ir animando. Para a organización decirlles que ben, o lugar escollido xenial, pero habería que mellorar algunhas cousas. Ter un horario das actuacións exposto no lugar e mellorar a cervexa, que estaba intragable. Polo demáis, espero que fora unha boa experiencia e que volva a facerse para o ano.








No hay comentarios: