21/12/08

BALDOSA 148: 36061

36061

Este é o número que, mañá día 22, vai sair premiado co primer premio da lotería do Gordo de Nadal. He,he,he, se é así, o próximo post poreino dende calquera hotel de Tokyo.

Sorte para todos.....................

BALDOSA 147: + NADAL

Send your own ElfYourself eCards

19/12/08

BALDOSA 146: NADAL

Comezamos estas festas decorando un pouco a páxina para a ocasión.

Un saudo para todos, e Felices Festas.

16/12/08

BALDOSA 145: DECORACIÓN NAVIDEÑA

Foto feita por Araceli dunha ventá en Santiago de Compostela. Non sei si é a nova moda en decoración navideña, hehehehehe.......




9/12/08

BALDOSA 143: OVO DE PASCOA

Ovo de Pascoa virtual é unha mensaxe oculta, ou unha capacidade escondida, contido nun obxeto, como unha película, un disco compacto, DVD, programa informático, ou videoxogo. A orixe do termo é a miudo atribuido falsamente á película O regreso dos mortos vivintes, pero moito antes do lanzamento de ésta, o videoxogo de Atari: Adventure de 1978, contíña o primeir o ovo de pascoa virtual que se coñece, introducido polo programador Warren Robinett. Entre os programadores, parece que hai unha motivación en deixar unha marca persoal, casi un toque artístico sobre un producto intelectual, que é por naturaleza estándar e funcional. Pero o motivo de Warren Robinett parece que foi o de obter recoñecimento polo seu traballo, porque nese entonces non se lles daba crédito ós programadores de videoxogos. É unha acción análoga á de Diego Rivera ó incluirse nos seus murais, ou a de Alfred Hitchcock colocándose como extra nas suas propias películas (o que logo chamarías cameo).
En informática, os ovos de pascoa son mensaxes, gráficos, efectos de son, ou cambios inusuais no comportamento dos programas, que prodúcense logo de introducir certos comandos no documentados, clics co rato, ou combinacións de teclas. Utilizouse inicialmente o término ovo de pascoa para describir as mensaxes ocultas no código obxeto dun programa por diversión, e que só podían encontrar aqueles que desensamblaban ou navegaban polo código.

Se queredes probar algúns, entrade en GOOGLE, e, no cadro de búsqueda e click en "vou ter sorte" poñedes:
Google L33t
Google gothic
Google easter eggs
Google bsd
Google linux

Estos para empezar, irei poñendo máis noutros post.

BALDOSA 142: DESEXOS PARA O ANINOVO

Para todos aqueles que no 2008 me remitiron correos desexando paz e felicidade ou dicindo que, si os reenviaba, sería rico ou millonario...

NON FUNCIONOU!

Este ano que se aproxima (2009), por favor, manden diñeiro, regalos ou cesta de Nadal.


Moitas gracias.

Bicos e apertas.

5/12/08

BALDOSA 141: KUTRUPARTY


Dende hoxe ata o luns 8, celébrase no meu concello, a Kutruparty. Unha reunión de catro días de locos pola informática, xogos en rede, etc....... Ata alí fun, non a participar, que gañas non faltaban, senón como montador do ordenador do meu sobriño. E alí o deixei, co ordenata colocado e listo para pasar máis de 72 horas conectado en rede xogando, compartindo arquivos, 72 horas de convivencia cos seus amigos.
Espero que me vaia informando e así vouvos contando a experiencia dunha party.

25/11/08

BALDOSA 137: 25 DE NOVEMBRO

E 26, e 27, 28, 29, 30, 31, 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, e lúns, martes, mércores, xoves, venres, sábado, domingo, e xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro, e 2008, 2009, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2015...............

Tódolos días son días internacionais sen VIOLENCIA

NON á violencia de xénero


11/11/08

BALDOSA 133: IN MEMORIAN

Todos, cando nacemos, poñemos a primeira baldosa amarela do noso camiño particular. Día a día, imos conformando ese camiño ata chegar ó noso propio final e atopar ó noso peculiar Mago de Oz.

Hoxe, 11 de novembro de 2008, D. Manuel Castiñeira Rodríguez, cura párroco das parroquias de San Paio da Estrada e San Lourenzo de Ouzande colocou á súa derradeira baldosa. 

Espero que ó final  atope ó seu mago de Oz.


Na súa memoria, poño unha foto antiga (é a única que teño del) nunha aula, penso que no Colexio Público Jose Antonio da Estrada.



 


10/11/08

BALDOSA 132: PREMIO DE POESÍA

Hoxe teño que dar a miña noraboa a unha persoa que acadou o seu primer premio de poesía. O concurso foi o XXI edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé.

Se queredes saber máis, poño o link da noticia.


http://www.fenecidadan.net/asociacions/post.php?mw=unidade&idblog=290&lg=gal


E de novo, a miña noraboa, Susana.

P.D.: Se queredes ler algunha das súas poesías, tedes o seu blog:

http://www.blogoteca.com/dedoscomovermes/index.php

3/11/08

BALDOSA 131: FIN DE SEMANA

Esta fin de semana fun de descanso a unha casiña rural. En realidade era un antigo muiño convertido es casiña rural. Estivo xenial, un pouco fría pola humidade (tíñamos o río pegadiño á casa), pero quentamos a base de licor café, hehehehe.



O lugar foi Palas de Rei, e chámase O Muiño de Roxán. Poño unhas fotos para que a veades e darvos un pouco de envexa.


P.D.: A foto non a fixen eu, e da cámara de margosiña, eu estiven a facer vídeo. Calquera día poño un anaco.

24/10/08

20/10/08

BALDOSA 128: ENQUISA

Seguindo o enlace que aparece no blog de manueldetopete da Rádio Comercial, cheguei a unha serie de enquisas. Este é o resultado dunha delas.

16/10/08

BALDOSA 127: A CAMIÑAR

Non sei para que me meto nestes fregados, pero o próximo día 19 apunteime á Primeira Xuntanza de Senderistas de Galicia, así que, non vou ter máis remedio que facer a Ruta proposta. É duns 15 quilómetros, saíndo do mosteiro de Aciveiro, ruta polo Candán e volta ó mosteiro, eso sí, invítannos a comer.

Esta é a ruta.






O lúns xa contarei, se non estou tirado no sofá curando as maniotas.

15/10/08

BALDOSA 126: A CULPA É DO MEU CUÑADO

Cando o 13 de maio de 2003, na Electronic Entertainment Expo foi presentada oficialmente a PSP, díxenme a min mesmo, " que gozada, ten que ser miña, pero canto tardará en chegar ó noso país?" . O 12 de decembro de 2004 (máis dun ano dende o seu lanzamento ), sae ó mercado do Xapón, e díxenme " canto tarda, ten que ser miña". O 24 de marzo de 2005, seis días despois do meu cumple, e case dous anos da súa presentación), ponse á venda en Norteamérica, e díxenme "sigue sendo unha gozada, e ten que ser miña". O 1 de setembro do 2005, (dous anos e 9 meses despois do seu lanzamento) sae por fin para Europa, Australia e Nova Zelanda, e díxenme "uff, que cara, xa non é miña". Dous anos despois, en setembro de 2007, a PSP sofre unha revisión, sendo un 19% máis delgada e un 33% máis lixeira, e chamouse PSP Slim.

Despois deste pequeno resume da miña historia ca PSP, vou ir ó asunto, e de por qué o título deste post.


Corría o ano 2008, concretamente, 11 de outubro ( 5 anos e medio despois da súa presentación). Eu era feliz, sin acordarme da miña pequena relación ca PSP, cando, con motivo dunha feliz comida familiar, a pantasma da PSP volveu. O meu cuñado, sí, ese, que tan contento anda por Vilaxoán, levou a esa feliz comida familiar, unha PSP. E o pior de todo, deixouna nas miñas manssssssssssss.............




13 de outubro de 2008.



18/9/08

BALDOSA 125: SENTENCIA FIRME

Aquí deixo un enlance para a noticia do xornal El País sobre a sentencia sobre Sharemule e as redes P2P, onde dí que enlazar a redes P2P non é delito.

Vaia palo para a SGAE e os seus colegas.

E un bravo para a xusticia, que parece que de vez en cando funciona.

http://www.elpais.com/articulo/internet/Sentencia/firme/enlazar/redes/P2P/delito/elpeputec/20080918elpepunet_8/Tes

14/9/08

BALDOSA 124: TUNNING

Poño aquí o paseillo dos coches tuneados que se concentraron onte na Estrada. Non había moitos coches interesantes, pero sí grandes equipos de música e moito ruido.


17/8/08

BALDOSA 123: O SON

Estaba eu á noite traballando un pouco, cando dende a rúa óese un característico son: hiiiiiiiii, bummmm.

É un son que non é imitable. Cando o oes, dís, "espero que non sexa grave".

É un son que, cando o oes á primeira vez, dís "ostias".

É un son mestura de chapa de metal e plástico.

Saín ó balcón e isto foi o que oín.



O de onte só foi un susto para eles. Mañá.......................

6/8/08

BALDOSA 119: CELOS



Xa vos falei da miña gata Cleopatra, pero o que me fixo ante onte faime escribir este post.

Estaba eu a falar co meu irmán da Irlanda co skype (programa para facer chamadas IP e videoconferencias por internet), cando, por celos, comezou a morderme o brazo. Vendo que non lle facía caso, ergueuse moi digna e comezou a pasearse por diante da miña cara pegándome moi disimuladamente co rabo.

Ata que non deixei de falar con el, a Cleopatra non parou de darme co rabo. Eso sí, cando rematei, deixoume de facer caso, e marchouse a comer.

Eu non sabía o que era sufrir polos celos, pero agora..........

Colgo unha foto que me fixo o meu irmán ca camara web para que vexades o que é sufrir de celos.

31/7/08

BALDOSA 118: CERVANTES





E aquí algunhas fotos de Cervantes o día da Primeira Comunión da miña sobrina.

BALDOSA 117: SANTIAGO APOSTOLO

Este é un vídeo dos fogos da fachada da Catedral.

BALDOSA 116: FIN DE SEMANA

Este fin de semana pasado, (que comenzou ó 24 ca ponte de Santiago), estiven de festa. O xoves á noite mollándome vendo os fogos de Santiago, e a partires do venres ata o domingo, de primeira comunión da miña sobriña en Cervantes. A verdade é que foi unha fin de semana moi movida e cansa, e por iso estiven descansando ata hoxe, heheheheh. Ademáis, o lúns e o martes estiven de mudanza de oficina. Onte a estreamos.Vou ter que comprar patíns, pois é enorme.

13/7/08

BALDOSA 115: RETROUSO

Esta fin de semana paseino comendo polbo no 9º festival folk de Callobre. E foi alí onde saquei este video, da actuación do grupo de Ouzande Retrouso. Un saudo para eles. Ademáis deste grupo, tamen estivemos a escoitar ó grupo Alvariza, Liño do cuco, Regato de matamulleres, Sete netos, Briganthya e a Serralhe-ai.


7/7/08

BALDOSA 114: VERAN


Despois das miñas vacacións, e ter un pouco abandonado o blog, e como facía tempo que non poñía unha foto antiga, pois decidín poñer esta, que é a miña familia nun día de praia. A foto é duns cantos anos. Nela aparece o meu avó, a miña nai, e un dos meus tios. Cal deles será? he, he, he

25/6/08

BALDOSA 113: Irish Centre for Galician Studies



BALDOSA 112: LUMEIRO OUZANDE

E aqui un pequeno video do lumeiro deste ano.

BALDOSA 111: LUMEIRO SAN XOAN 2008


Despois da experiencia do ano pasado, quitando fotos ó lumeiro de Ouzande e atopando figuras no lume, este luns volvín, non só para tomar unhas cocacolas e uns chourizos asados, senon para voltar a facer fotos ó lume. Este ano non vín o do ano anterior. Bueno, este ano, sae unha pomba do lume? he,he,he, e non está trucada.

21/6/08

BALDOSA 110: DUBLIN 010


A esfera metálica do Trinity College


Suponse que aquí está enterrado St. Patricio

E para rematar ca viaxe de Dublin, foto do aeroporto.

BALDOSA 109: DUBLIN 009


The Guinness Storehouse


Teito do Hard Rock Cafe


Algunha das casas de Dublin

O famoso Temple Bar

BALDOSA 108: DUBLIN 008

St. Patrick´s Cathedral


The Custom House


St. Mary´s Pro Cathedral


St. Mary´s Pro Cathedral

17/6/08

BALDOSA 107: DUBLIN 007

Esta é a famosa canción de Molly Malone, cantada polo grupo The Dubliners, canción que é casi como un himno para os dublineses, e que conta a vida da famosa e querida pescadera Molly Malone.

In Dublin's fair city,
'where the girls are so pretty,
'I first set my eyes on sweet Molly Malone,
'As she wheeled her wheel-barrow,
'Through streets broad and narrow,
'Crying, "Cockles and mussels, alive alive oh!"

'"Alive-a-live-oh,
'Alive-a-live-oh",
'Crying "Cockles and mussels, alive alive oh".

'She was a fishmonger,
'And sure 'twas no wonder,
'For so were her father and mother before,
'And they both wheeled their barrow,
'Through streets broad and narrow,
'Crying, "Cockles and mussels, alive, alive oh!"

(chorus)

'Now I was a Rover,
'And sailed the seas over,
'So I bid my farewell to sweet Molly Malone.
'And as I was sailing,
'The wild wind was wailing,
'Crying, "Cockles and mussels, alive, alive oh!"

(chorus)

'She died of a fever,
'And no one could save her,
'And that was the end of sweet Molly Malone.
'Now her ghost wheels her barrow,
'Through streets broad and narrow,
'Crying, "Cockles and mussels, alive, alive oh!"

(chorus)


BALDOSA 106: DUBLIN 006




The Christ Church


Outra vista da The Christ Church

Unha pinta de guiness


Para non aburrirvos cas miñas aventuras, a partir de agora irei poñendo algunhas fotos das visitas turísticas realizadas entre o domingo á tarde e o martes, día que collín o avión de volta.

14/6/08

BALDOSA 105: DUBLIN 005

Saint Stephen´s Green

Saint Stephen´s Green

Oscar Wilde en Merrion Square

"Manifa"

Stephen´s Green Shopping Centre

Continuamos ca viaxe. Levántome, chamou ó meu irmán e imos de paseo. Comenzamos polos parques Saint Stephen´s Green e Merrion Square e visitamos a estatua adicada a Oscar Wilde. Voltamos por Grafton Street (rúa moi transitada, pois nela hai numerosas tendas, cafés, estatuas humanas, actuacións na rúa...) E foi alí onde pillounos a cámara da televisión irlandesa, pois coincidimos cunha "manifa" pedindo o sí no referendum sobre o tratado de Lisboa. Seguimos camiñando e entramos no Stephen´s Green Shopping Centre, un centro comercial enorme cheo de tendas e cun reloxio enorme colgado do teito. Arquitectónicamente falando, este centro comercial é unha pasada. Fago as primeiras compras, acompaño ó meu irmán cara a estación de bus, pois el ten que marcha cara Cork e eu quedo en Dublin. Son ás 15:00 horas do domingo 8 de xuño.