24/10/08

20/10/08

BALDOSA 128: ENQUISA

Seguindo o enlace que aparece no blog de manueldetopete da Rádio Comercial, cheguei a unha serie de enquisas. Este é o resultado dunha delas.

16/10/08

BALDOSA 127: A CAMIÑAR

Non sei para que me meto nestes fregados, pero o próximo día 19 apunteime á Primeira Xuntanza de Senderistas de Galicia, así que, non vou ter máis remedio que facer a Ruta proposta. É duns 15 quilómetros, saíndo do mosteiro de Aciveiro, ruta polo Candán e volta ó mosteiro, eso sí, invítannos a comer.

Esta é a ruta.






O lúns xa contarei, se non estou tirado no sofá curando as maniotas.

15/10/08

BALDOSA 126: A CULPA É DO MEU CUÑADO

Cando o 13 de maio de 2003, na Electronic Entertainment Expo foi presentada oficialmente a PSP, díxenme a min mesmo, " que gozada, ten que ser miña, pero canto tardará en chegar ó noso país?" . O 12 de decembro de 2004 (máis dun ano dende o seu lanzamento ), sae ó mercado do Xapón, e díxenme " canto tarda, ten que ser miña". O 24 de marzo de 2005, seis días despois do meu cumple, e case dous anos da súa presentación), ponse á venda en Norteamérica, e díxenme "sigue sendo unha gozada, e ten que ser miña". O 1 de setembro do 2005, (dous anos e 9 meses despois do seu lanzamento) sae por fin para Europa, Australia e Nova Zelanda, e díxenme "uff, que cara, xa non é miña". Dous anos despois, en setembro de 2007, a PSP sofre unha revisión, sendo un 19% máis delgada e un 33% máis lixeira, e chamouse PSP Slim.

Despois deste pequeno resume da miña historia ca PSP, vou ir ó asunto, e de por qué o título deste post.


Corría o ano 2008, concretamente, 11 de outubro ( 5 anos e medio despois da súa presentación). Eu era feliz, sin acordarme da miña pequena relación ca PSP, cando, con motivo dunha feliz comida familiar, a pantasma da PSP volveu. O meu cuñado, sí, ese, que tan contento anda por Vilaxoán, levou a esa feliz comida familiar, unha PSP. E o pior de todo, deixouna nas miñas manssssssssssss.............




13 de outubro de 2008.