28/9/15

BALDOSA 547: COTO MANGUELO, ORAZO - TEATRO

A pasada fín de semana, transcurreu en Orazo entre as obras de teatro da IX Mostra Cotomanguelo de Teatro.

a.s.c. COTOMANGUELO "A consulta do avogado"

a.s.c. COTOMANGUELO "A consulta do avogado"

a.s.c. COTOMANGUELO " O guindastre"

a.s.c. COTOMANGUELO " O guindastre"

a.s.c. COTOMANGUELO "Clave rosa"

a.s.c. COTOMANGUELO "Clave rosa"

a.s.c. COTOMANGUELO "O testamento do Nacho"

a.s.c. COTOMANGUELO "O testamento do Nacho"

Seis dedos "Cocer e cantar"

Seis dedos "Cocer e cantar"

Disfunción Contínua "Teimas"

Disfunción contínua "Teimas"

Kote Malabar "Cirkote"

Kote Malabar "Cirkote"

Andaravía teatro -  A.C. Papaventos "Brincacontos"

Andaravía teatro -  A.C. Papaventos "Brincacontos"

Mangas Verdes "Os vellos non deben namorarse"

Mangas Verdes "Os vellos non deben namorarse"

31/5/15

BALDOSA 543: POR TERRAS DE CELANOVA

Aquí vén o maio
de frores cuberto...
puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sónvo-lo probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
¡pra min sempre é inverno!...

Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá entonces
o maio que eu quero.

¿Queredes castañas
dos meus castiñeiros?...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos:
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.

Curros Enríquez, Manuel (1996)  Aires da miña terra (Vigo: AS-PG)