28/6/09

BALDOSA 206: ATRACCIÓNS NO SAN PAIO 2009

Coma tódolos anos, a nosa atracción preferida e a única á que imos é o simulador, pero este ano, a atracción estrela é a chamada PALA ou TopFlip. Póñovos un vídeo dela. A mín maréame so de vela.



26/6/09

BALDOSA 205: ACCIDENTE NAS FESTAS

E aquí un accidente durante as festas do San Paio. Un camión levouse por diante o chiringuito das chuches.



BALDOSA 204: FESTAS SAN PAIO 2009

Estes días estamos de festas. Comezamos co San Xoán e seguiremos ata o domigo, rematando ca sesión de fogos de artificio. Ó mesmo tempo, COMEZAMOS CA TEMPADA DO POLBO !!!!!!


Este plato é no San Xoán celebrado no Areal de Berres, e o seguinte será o próximo fin de semana en Sabucedo, na Rapa.

18/6/09

BALDOSA 203: ESES PAPELIÑOS AMARELOS

Quen non ten deixado un recado escrito neses papeliños amarelos? Esos que só se pegan polo lado de arriba. Cantas veces salvounos á vida por telo recadiño pegado no borde da pantalla do ordenador (neses papeliños tiña escritos as diversas claves do correo, do blog, e doutras páxinas), que si no foran por eles os tiña esquecidos. Pois agora mirade este video que atopei. A xente moito imaxina e moito tempo ten para imaxinar, hehehehe


EepyBird's Sticky Note experiment from Eepybird on Vimeo.

9/6/09

BALDOSA 202: FACENDO DE PINTOR

Onte comencei a pintar unha das habitacións do piso que aínda teño sin arreglar e onde tiña os trastos. Estas son as cores. Que opinades? Aínda falta unha segunda man, así que o violeta aínda será máis forte.





7/6/09

BALDOSA 201: 25 ANOS DO TETRIS

O día 6 de xuño fixo 25 anos da creación do xogo do TETRIS. Creado polo ruso Alekséi Pázhitnov cando traballaba na Academia de ciencias de Moscú. É un xogo tipo puzle. O seu nome ven de Tetra (catro ), porque cada unha das pezas está formada por catro cadrados. Se non me equivoco, debe ser un dos xogos máis versionados e xogados do mundo. Quen non xogou algunha vez?
Esta é a imaxe de GOOGLE para celebrar o evento.

4/6/09

BALDOSA 200: TURISMO

Como este ano non puiden coller o mes de xuño de vacacións, adícome a facer turismo viaxando pola internet.
Viaxando polo sur, atopeime con tres monumentos moi singulares. Son tres monumentos adicados á extinta peseta.

Ún en Roquetas de mar
e outro en Fuengirola


e outro en Estepona



Que cousas, non?

1/6/09

BALDOSA 199: 01/06/1968

Tes 41 anos
Nacíches en sábado
Nun fermoso día de Primavera
Dende que naciches pasaron: 14975 días
Dende que naciches pasaron: 492 meses
Dende que naciches pasaron: 2139 semanas
O teu signo no horóscopo chino: Mono
O teu signo no zodíaco: Xemelgos
O teu planeta: Mercurio
A túa cor: Amarelo, violeta
A túa pedra: Topacio, ágata
O teu número base de nacimento: 4
O significado do teu número base:

A fortuna non te reserva sorpresas. O logro dos teus obxetivos supedítase a un meticuloso traballo de preparación e construcción. Non arrisques, poderías perder: só avanzando con método e pacencia lograrás alcanzar a felicidade.


Diagnóstico da tua vida pasada:

Fuches home na tua derradeira encarnación terrenal. Naciches nalgún lugar do territorio que hoxe é o norte da américa latina en torno o ano 1150. A túa profesión era escritor, dramaturgo ou organizador de rituales.

Un breve perfil psicolóxico da túa vida pasada:

Tíñas unha mente científica, sempre buscando novas explicacións. O teu entorno a miudo non te entendeu, pero respetaba o teu coñecimento.

A leción que a túa vida pasada te deu para a encarnación actual :

A tua leción é estudar, practicar e usar a sabiduría que se atopa nas ciencias psicolóxicas e nos antigos manuscritos. Cunha forte fe e traballo duro, atoparas o teu verdadeiro destino na túa vida actual.


FELICIDADES PEPE