30/12/10

BALDOSA 384: SELECIÓN

Fai uns días, para moitos nenos, chegou o impostor de vermello cargado de agasallos, disposto a enganarlles e a facerse cada vez máis forte no imaxinario popular do nadal.

É verdade que podemos atopar  referentes tradicionais de San Nicolás de Bari vinculados ó Nadal, non é menos certo que o Papá Noel que coñecemos actualmente é, en certo modo unha imposición moderna que eu non acabo de aceptar.
Posto que actualmente todo se mide baixo o parámetro da productividade e non da ilusión, decidín chamar ó consultor que me asesorou para refacer o Belén dos post anteriores e pedirlle que me ax
ude nun proceso de seleción, para que, finalmente decidamos, si apostar polo gordo de vermello (que eu creo que bebe), ou polas Suas Maxestades os Tres Reices Magos de Oriente. Este é o informe que me enviou segundo os índices de medición marcados. 


Traballo en Equipa. Frente ó individualismo do gordo que actúa en solitario, os Reices Magos forman unha equipa de traballo integrado, potencian valores como a cooperación e a coordinación, e toman decisións en conxunto. Nunca  foron vistos en solitario e son exemplo de compañeirismo.

Diversidade cultural e corporativa. Nestes tempos no que tanto se valora o multicultural, os Magos son un fiel reflexo de diversidade, a súa equipa fórmase por persoas de distintas culturas e nacionalidades. Integrando non só países ricos, senon representantes de areas emerxentes e países en vías de desenrolo.

Idiomas. A pesares desta diversidade, os Reices non teñen ningún problema para facerse entender entre eles, nin co  pobo. O día 5 de xaneiro, nas noticias da TVG pódenselle oir un discurso en galego, na TV3 en catalán, n ETB en vasco, na TVE1 en castelán… Respecto ó “outro” tan só oiúselle decir Ho, Ho, Ho, e tocar unha campá, como o mudito dos irmáns Marx ca bocina.

Planificación e consecución de obxetivos. Todo o mundo sabe que os Reices cubren os obxetivos anuais no primeiro trimestre, máis concretamente en xaneiro, mentras que Santa Claus, espera ata o último mes para cubrir os obxetivos do ano.

Conciliación. Os Reices Magos acércanse ó portal, evitando así que María ou Xosé teñan que desatender ó recén nado, e poden aproveitar o momento en familia. Non hai ningunha evidencia que indique que Papá Noel se acercou ó portal en ningún momento.

Sostenibilidade. As Súas Maxestades utilizan enerxías renovables, como os camellos, non contaminantes, e aproveitan así os recursos naturais ó seu alcance sen destruir o medio ambiente, e, o máis importante, cun baixo consumo de auga. (Para os que estén pensando no Reno Rudolph -vaia nomecito-, é de todos sabido que os renos non voan, e que, posiblemente Santa Claus se axude de medios artificias e contaminantes para facerlle voar). Ademáis, a pesar dos GPS seguen confiando na estrela como navegador sostible.

Xestión do Cambio e Toma de Decisións. Os Reices tiñan a visión e a misión clara, e, en momentos de incertidumbre, cando desapareceu a estrela, superon reaccionar a tempo, preguntando a Herodes polo camiño a tomar, para conseguir os seus obxetivos. En ningún momento tiraron a toalla. Tampouco
 puidemos observar este tipo de comportamentos en Papá Noel, pois é evidente, que  quen toma as decisións é sempre o Rodolfo ese, que o leva a tódalas partes.


Orientación ó Cliente. Os Reices ofrecen no portal (a domicilio) unha amplia gama de productos (Ouro, Incienso e Mirra) todos eles de alta calidade, tratando así de cubrir un amplio abano de necesidades. Que ofrece o gordo? Por outro lado, nestes días puidemos vela cantidade de nenos que poden acercarse directamente ós Reices Magos e contarlles as súas inquietudes, sin necesidade de call center.

Equilibrio entre Intuición e Realismo. Si bien o obxetivo que persiguen as Súas Maxestades  maniféstase en forma de estrela, sinónimo de soño, intuición e visión retadora, non é menos certo, que a diferencia do seu competidor, estes manteñen sempre os pés na terra, aportando ó soño empresarial a dosis de realismo necesaria. O gordo, pásase o día nas nubes, e ninguén sabe que soño persigue.

Imaxen corporativa. Alguén atrévese a cuestionar a imaxen dos Tres Reices Magos frente a traxe cutre donado por Coca Cola do barrigudo?


Rendabilidade. Para todos aqueles que pensen que Papá Noel é máis rendable, recodarei que Os Reices veñen de Oriente, onde a mán de obra é tres veces máis barata que en Finlandia, e a cualificación é, en moitos casos superior, non so non incrementan costes, senon que xeran empleo (paxes contratados con seguridad social). Por outro lado o obradoiro de duendes, con aspecto de menores, que, de forma clandestina, dirixe Papa Noel, moito nos fai recordar ás modernas formas de explotación de mán de obra non declarada.

Alguén duda de como queda o proceso de seleción?

28/12/10

BALDOSA 383: ERE NO PORTAL 002

E continuamos co noso ERE:

Reices Magos: Por suposto con un só reice é máis que suficiente para levar o ouro, o incienso e a mirra. Elimino dous reices, dous camellos e ós paxes. Posiblemente quede co reice negro para non ser acusado de racista, ademáis é posible que queira traballar sin que o demos de alta na seguridade social. Teño que estudar, tamén, a posibilidade de deixar tan só o incienso e a mirra e vender o ouro a un deses "merco ouro", e así reducir ó máximo a inversión en agasallos de empresa.

Mula e boi: A única función destes animais é a de dar calor. Esta función a fará unha fogueria, que gasta menos combustible e así manterei os nosos montes limpos, é a miña axuda ó medio ambiente. Farei un assessment center cos dous animais, e o que o supere traballará como animal de carga no servicio de loxística citado no anterior post, é o que se chama reestructuración do persoal.

San Xosé e a Virxen María: Está máis que demostrado que o traballo que fan ambos no portal pode ser desempeñado por unha soa persoa, e evito dúas baixas de maternidade/paternidade. Por razóns de paridade, quedo ca Virxen María e, lamentablemente, temos que despedir a San Xosé (co que tragara o home nesta empresa)

O neno Xesús: A pesar da súa xuventude, ten moito potencial, e ademáis parece ser que o seu pai é un peixe gordo. O manterei como becario cun soldo de merda ata que demostre o que vale.

O Belén queda, pois, desta maneira: un pastor con ovellas nun cercado, un chinés cun comercio/pousada de 24 horas, Herodes e dous gardas , un paseante cunha mula (ou o boi) facendo repartos, o reice negro (ilegal), a Virxen e o neno.

Vai ser máis soso que outros anos, pero aforrei unha pasta.........

E se todos levan o mesmo uniforme........

27/12/10

BALDOSA 382: ERE NO PORTAL 001

Mañá quero por o Belén na miña casa. Como estamos en crisis, antes de facelo decidín chamar a un deses consultores para que me asesore sobre como rentabilizar ó máximo o tradicional nacimento. O resultado foi sorprendente, e por iso quero comentalo. As decisións que vou tomar son as seguintes:

Pastores: Para ninguén é un segredo que en tódolos beléns hai máis pastores que ovellas, parece absurdo, pero sempre foi asi. Por suposto véxome obligado a desfacerme de todos, menos un. Instalarei pastores eléctricos co fin de controlar ás ovellas, e, unha vez instalado, plantéxome a posibilidade de sustituir, en breve, o pastor por un can con experiencia.

Personaxes gremiais: É sorprendente a cantidade de artesáns que pode haber nun belén: o ferreiro, o panadeiro, o da leña, o carpinteiro ( facendo competencia desleal a San Xosé que colleu a baixa paternal), o tendeiro,.... e sen embargo, tamén é sorprendente verlos poucos clientes que hai. A decisión que tomei é a de despedir a tódolos artesáns, e duro, pero non hai máis remedio. No seu lugar contratarei a un chinés, que nun pequeno comercio fabricará e venderá tódolos obxetos que vendían os artesáns. (Si o chinés decide subcontratar 15 menores de idade para sacar o traballo adiante é un tema no que non debo meterme.)

Posadeiro: O chinés farase cargo tamén da pousada. Ademáis, ultimamente chegaron queixas da oficina de atención ó cliente por parte de Xosé e María.

Lavandeiras: Que manía teñen os beléns de lavala roupa, co fría que debe estar a auga, con tanta neve, Suprimirei os traballos de lavandeiras, que ademáis eran ocupados sempre por mulleres. Cada ún lavarase a súa roupa nos ratos libres, potenciando así a equiparación de sexos en cuestión das tarefas domésticas.

Anxo anunciador: Suprimidos case tódolos pastores, non ten sentido a figura do anxo anunciador. Sustituireino por un anuncio luminoso, en donde tamén poderei anuncialas ofertas do chinés.

Castelo de Herodes: A Herodes mantereino no seu posto. Non é polo que fai, que non fai nada, pero manda, e non é cuestión de poñerse a despedir directivos. Soldados, quédome con dous por razóns de seguridade, pero externalízoos. Os contratarei por medio dunha ETT, para que me presten servicio como gardas de seguridade. Aforro costes fixos e gaño en flexibilidade.

Paseantes varios: É sorprendente vela cantidad de personaxes que abundan nun belén, sen facer nada, absolutamente nada. Todos despedidos. Esto tiña que habelo feito fai tempo.

Paseantes con agasallos: Observei que otro grupo de paseantes, algo menos ociosos, pero non moito máis productivos, diríxense cara o portal cunha variada cantidade de obxetos. Uns con galiñas, outros con ovellas, outros con cestas... Posto que todos teñen o mesmo destino, organizarei un servicio de loxística, para rentabilizar o proceso. Despedirei a tódolos paseantes, quedará ún deles por medio dunha ETT, e con axuda dun animal de carga, recollerá tódolos agasallos cada tres días e os levará ó portal.


(continuará............................)

14/12/10

4/12/10

BALDOSA 376: COCIDOS

Xeralmente, nestas datas, e non sei como, véxome abducido por diferentes cocidos. Un fin de semana tras outro, e en diversos lugares, aparecen diante miña bandexas cheas de carne, patacas, chourizos, cachucha....

Esta foto é do de onte, hehehe, moi rico, comido na casa rural Val Fresco, en Curantes (A Estrada)


28/11/10

BALDOSA 374: CULTURGAL

Onte á tarde, fun ata Pontevedra á feira Culturgal. Unha feira adicada as empresas culturais de Galicia. Nela hai actuacións de teatro, música, parladoiros, presentacións de libros,...... Vale a pena ir vela. Remata hoxe.


De Culturgal



De Culturgal



De Culturgal



De Culturgal



De Culturgal



De Culturgal



De Culturgal



De Culturgal

18/11/10

BALDOSA 372:VIVAMOS COMO GALEGOS

Este é o novo anuncio do supermercado Gadis, continuando ca súa campaña "Vivamos como galegos".
Atención ó mando a distancia da señora, impresionante......

7/11/10

BALDOSA 367: ANUNCIO INTERACTIVO

Hoxe recibin un correo electrónico que poñía o seguinte:

" Anuncio de Tippex

Hola!

El otro día me hablaron de lo bueno que era este anuncio de Tippex. Es un anuncio inteligente. Un cazador se encuentra con un oso y el espectador (tú) le dices que no lo mate, En ese momento coje el tippex y borra la palabra - dispara- del título del vídeo y deja que escribas en ese hueco.
Escribe un verbo y el oso y el cazador lo harán.

  

Pincha no enlace e disfruta do vídeo, e coidado co que pos, hehehehehe