30/12/10

BALDOSA 384: SELECIÓN

Fai uns días, para moitos nenos, chegou o impostor de vermello cargado de agasallos, disposto a enganarlles e a facerse cada vez máis forte no imaxinario popular do nadal.

É verdade que podemos atopar  referentes tradicionais de San Nicolás de Bari vinculados ó Nadal, non é menos certo que o Papá Noel que coñecemos actualmente é, en certo modo unha imposición moderna que eu non acabo de aceptar.
Posto que actualmente todo se mide baixo o parámetro da productividade e non da ilusión, decidín chamar ó consultor que me asesorou para refacer o Belén dos post anteriores e pedirlle que me ax
ude nun proceso de seleción, para que, finalmente decidamos, si apostar polo gordo de vermello (que eu creo que bebe), ou polas Suas Maxestades os Tres Reices Magos de Oriente. Este é o informe que me enviou segundo os índices de medición marcados. 


Traballo en Equipa. Frente ó individualismo do gordo que actúa en solitario, os Reices Magos forman unha equipa de traballo integrado, potencian valores como a cooperación e a coordinación, e toman decisións en conxunto. Nunca  foron vistos en solitario e son exemplo de compañeirismo.

Diversidade cultural e corporativa. Nestes tempos no que tanto se valora o multicultural, os Magos son un fiel reflexo de diversidade, a súa equipa fórmase por persoas de distintas culturas e nacionalidades. Integrando non só países ricos, senon representantes de areas emerxentes e países en vías de desenrolo.

Idiomas. A pesares desta diversidade, os Reices non teñen ningún problema para facerse entender entre eles, nin co  pobo. O día 5 de xaneiro, nas noticias da TVG pódenselle oir un discurso en galego, na TV3 en catalán, n ETB en vasco, na TVE1 en castelán… Respecto ó “outro” tan só oiúselle decir Ho, Ho, Ho, e tocar unha campá, como o mudito dos irmáns Marx ca bocina.

Planificación e consecución de obxetivos. Todo o mundo sabe que os Reices cubren os obxetivos anuais no primeiro trimestre, máis concretamente en xaneiro, mentras que Santa Claus, espera ata o último mes para cubrir os obxetivos do ano.

Conciliación. Os Reices Magos acércanse ó portal, evitando así que María ou Xosé teñan que desatender ó recén nado, e poden aproveitar o momento en familia. Non hai ningunha evidencia que indique que Papá Noel se acercou ó portal en ningún momento.

Sostenibilidade. As Súas Maxestades utilizan enerxías renovables, como os camellos, non contaminantes, e aproveitan así os recursos naturais ó seu alcance sen destruir o medio ambiente, e, o máis importante, cun baixo consumo de auga. (Para os que estén pensando no Reno Rudolph -vaia nomecito-, é de todos sabido que os renos non voan, e que, posiblemente Santa Claus se axude de medios artificias e contaminantes para facerlle voar). Ademáis, a pesar dos GPS seguen confiando na estrela como navegador sostible.

Xestión do Cambio e Toma de Decisións. Os Reices tiñan a visión e a misión clara, e, en momentos de incertidumbre, cando desapareceu a estrela, superon reaccionar a tempo, preguntando a Herodes polo camiño a tomar, para conseguir os seus obxetivos. En ningún momento tiraron a toalla. Tampouco
 puidemos observar este tipo de comportamentos en Papá Noel, pois é evidente, que  quen toma as decisións é sempre o Rodolfo ese, que o leva a tódalas partes.


Orientación ó Cliente. Os Reices ofrecen no portal (a domicilio) unha amplia gama de productos (Ouro, Incienso e Mirra) todos eles de alta calidade, tratando así de cubrir un amplio abano de necesidades. Que ofrece o gordo? Por outro lado, nestes días puidemos vela cantidade de nenos que poden acercarse directamente ós Reices Magos e contarlles as súas inquietudes, sin necesidade de call center.

Equilibrio entre Intuición e Realismo. Si bien o obxetivo que persiguen as Súas Maxestades  maniféstase en forma de estrela, sinónimo de soño, intuición e visión retadora, non é menos certo, que a diferencia do seu competidor, estes manteñen sempre os pés na terra, aportando ó soño empresarial a dosis de realismo necesaria. O gordo, pásase o día nas nubes, e ninguén sabe que soño persigue.

Imaxen corporativa. Alguén atrévese a cuestionar a imaxen dos Tres Reices Magos frente a traxe cutre donado por Coca Cola do barrigudo?


Rendabilidade. Para todos aqueles que pensen que Papá Noel é máis rendable, recodarei que Os Reices veñen de Oriente, onde a mán de obra é tres veces máis barata que en Finlandia, e a cualificación é, en moitos casos superior, non so non incrementan costes, senon que xeran empleo (paxes contratados con seguridad social). Por outro lado o obradoiro de duendes, con aspecto de menores, que, de forma clandestina, dirixe Papa Noel, moito nos fai recordar ás modernas formas de explotación de mán de obra non declarada.

Alguén duda de como queda o proceso de seleción?

No hay comentarios: