29/11/09

BALDOSA 260: A MÚSICA DE 2003





BALDOSA 259: FELICITATS !!!!

O teu signo é Saxitario: simboliza a búsqueda da sabiduría. Queren saber e queren explorar. Son ambiciosos, xenerosos, e sempre abertos ás novas ideas.
Su planeta rexente é Xúpiter.

  • Flor: Todas as flores de Montaña.
  • Cor: Púrpura, rojovermello profundo.
  • Metal: Estano.
  • Características: Eu vexo.
  • Positivo: Transparente.
  • Negativo: Moralista.
  • Números da Sorte: 5 e 7.
  • Símbolo: Centauro.
  • Pedra de Nacimento: Circón para a sorte.
  • Pedra de Forza: Lapislázuli para enerxía.
  • Elemento: Fogo.
  • Día: Xoves.




Sobre a túa vida anterior:
Parece que fuches home na túa derradeira encarnación.

Teu signo zodiacal nesa vida foi Escorpión.

Moi probablemente pasaches os últimos momentos da túa vida nalgún lugar preto da actual Suecia ou derredores, aproximadamente no ano 1568.

O nome polo que fuches coñecido nesa vida puido ser algo como Andenon ou Torkel.

É posible que a túa ocupación nesa vida foi algo relacionado co entrenador, lider.

Sempre gustaches de viaxar, investigar, puidendo ser un detective ou un espía.

Deberías desenrolar a auto estima e a habilidade de sembrar esperanza nos corazóns das persoas. A ambición non o é todo. A verdadeira riqueza atopase na túa alma.


FELICITATS S S S S S S S S S S

17/11/09

BALDOSA 257: A MÚSICA DE 1969




BALDOSA 256: FELICIDADES

Escorpión:

Os Escorpións son personas apaisonadas. Aínda que poden ser xenerosos e xentiles, tenden a ter unha naturaleza obsesiva xunto cunha personalidade poderosa e dominante.
O planeta rexente é Plutón.
  • Flor: Madreselva, Gardenia.
  • Cor: vermello sangue.
  • Metal: ferro, aceiro.
  • Características: eu domino, eu desexo.
  • Positivo: Renacente.
  • Negativo: malo
  • Números da Sorte: 2 e 4.
  • Símbolo: Escorpión.
  • Pedra de Nacimento: Topacio para a sorte.
  • Pedra de Forza: Hematita para enerxía.
  • Elemento: Auga.
  • Día: Martes.

Sobre a túa vida anterior

Parece que fuches muller na túa derradeira encarnación.

Teu signo zodiacal nesa vida era Libra.

Moi probablemente pasaches os derradeiros momentos da túa vida nalgún lugar preto de Ucrania, aproximadamente no ano 1753.

O nome polo que fuches coñecida nesa vida puido ser algo coma Nyura ou Yaryna.

É posible que a túa ocupación nesa vida fora algo relacionado ca artesanía, mecánica.

Muller revolucionaria. Inspiraches cambios nalgunha esfera - política, de negocios, relixiosa, etc. Probablemente unha líder.

A túa lección — desenvolver unha actitude amable cara as persoas, adquirir o don do entendimento e a compaisón.


FELICIDADES

13/11/09

BALDOSA 255:XIX PREMIOS SAN MARTIÑO

Hoxe foi a entrega dos XIX Premios San Martiño, que entrega a Asociación Cultural O Brado, de A Estrada. Este ano foi premiada a Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande. E aquí o vídeo da entrega e o discurso do seu presidente. Sirva este post como maneira de darvos a miña noraboa.

9/11/09

BALDOSA 254: CAIDA DO MURO DE BERLÍN

Fai xa 20 anos do derribo do muro que separaba á cidade de Berlín en dous e que comezou a levantarse o 13 agosto do ano 1961. O muro antifascistas (como era chamado pola República Democrática Alemana) ou muro da vergoña (según a opinión pública dos países occidentais) foi un dos símbolos máis coñecidos da guerra fría entre os países do Leste e os de Occidente.

Ese 9 de novembro de 1989, os berlineses levaron a cabo a destrucción do muro con tódolos medios que tiñan a súa disposición (picos, martelos, etc.). O virtuoso do violonchelo Mstislav Rostropovitch, exiliado na zona Oeste, foi ó pé do muro a animar ós que o demolían.

Posteriormente, o 21 de xullo de 1990, na Potsdamer Platz, realizouse o The Wall Live (Directo do disco El Muro de Pink Floyd), promovido por Roger Waters e ca participación de diversas estrelas do rock como Van Morrison, Scorpions, Cyndi Lauper, Bryan Adams, para apoiar á fundación Memorial Fund for Disaster Relief, creada para paliar os impactos de calquera guerra ou desastre natural, sobre todo en Europa.

Hoxe en día, aínda existen países que están a construir muros coma estes co pretexto da súa seguridade. Lede este artigo.







6/11/09

BALDOSA 253: FELIZ CUMPREANOS BARRIO SESAMO

Barrio Sésamo emitiuse por primeira vez nos EEUU o 10 de novembro de 1969 pola cadea PBS. Nace como unha serie de televisión educativa para nenos en idade preescolar que aínda precisan coñecer onde está a dereita ou a esquerda, ou o que é arriba e abaixo.

Esta serie é moi coñecida polos Teleñecos, unhas personaxes moi graciosas que facían das súas en varios sketches do programa. Desta maneira, coñecimos á 'Galiña Caponata', a 'Coco', á porquiña 'Peggy', ó monstro das galletas `Triky´ ou á rá 'Gustavo', o reporteiro máis dicharacheiro.

Barrio Sésamo convertiuse no programa de nenos máis internacional e duradeiro de tódala historia da televisión.

FELIZ 40 CUMPREANOS




5/11/09

BALDOSA 252: LECTOR DNIE

Fai dias que na esquerda do meu blog puxen un link para obter un lector de DNI electrónico a un módico prezo de 2€ pois é subvencionado polo plan avanza do estado. Hoxe chegou o meu por correo. Vouno probar e ireivos contando....





Deixarei o link uns días máis, así que aproveitade a ocasión.

3/11/09

BALDOSA 251: ARTFUTURA

A pasada fin de semana, en varias cidades de España, entre elas Vigo, celebrouse o festival Artfutura. E que é Artfutura?, pois o festival da cultura e creatividade dixital, que explora os proxectos e as ideas máis importantes nados no panorama internacional do deseño de interación, os videoxogos, animación dixital... Leva xa 19 anos celebrándose.