30/1/09

BALDOSA 157: R

Parezo un neno con zapatos novos. Hoxe poño este blog dende a miña recente estreada ADSL de R. Dende hoxe deixo de depender de TELEFONICAAAAAAAAAAAAAA.


25/1/09

BALDOSA 156: FOISE CO VENTO

E despois do frío e das nevadas, chegou as rachas de vento á Estrada, cunha velocidade de máis de 120 km/h. A noite do venres foi unha pasada, pensaba que as fiestras do meu pisiño ían sair voando.
Poño unhas fotos dos estragos que fixo. Unha delas é o burato que deixou o castiñeiro centenario caído polo vento, unha pena, porque daba unhas castañas........ E as outras son o muro do campo de futbol da Baiuca (onde xoga o estradense c.f. ) e vaias publicitarias caídas.







20/1/09

BALDOSA 154: A ESTRADA EN FOTOS

Facía tempo que non poñía fotos do meu concello, así que hoxe aumento a miña galería. Sabedes o que é?


18/1/09

BALDOSA 153: PARA OS INCRÉDULOS

Para todos aqueles incrédulos, que aínda non se creron as loucuras da miña família, e despois de ter o consentimento, aquí vai a foto que demostra o baño.



14/1/09

BALDOSA 152: O SOL NACENTE

Creo que xa deixei neste blog a miña admiración polo País do sol Nacente, e o moito que gostaría de visitalo. Pero como de momento non vai poder ser, deixovos unha extraordinaria páxina web xaponesa. Cada vez que se actualiza, sorpréndenos cuns extranos vídeos-deseños-xogo impresionantes. Realmente é unha das miñas páxinas web preferidas. Eu anímovos a vixitala de cando en vez e disfrutar das súas creacións, cada vez máis sorprendentes.

Nesta ocasión, pon calquera palabra no cadro de abaixo onde pón "1-click Award Show #3開催中!" e preme GO, e desfruta do que acontece.

http://www.1-click.jp/

Do resto da páxina, sinceramente non sei de que vai, pois non son capaz de traducila, hehehehehe. Se alguén sabe, que avise.

E aquí outras argalladas anteriores.

http://2007.1-click.jp/c10.html

13/1/09

BALDOSA 151: LOCURAS

Menuda familia loca que teño. O pasado domingo, e con temperaturas de 9ºC, ocorréuselles ir bañarse a praia. E alí fumos, para dar testemuño de tal proeza. Eso sí, o baño durou moi pouquiño, a auga debía estar moi fría.

E despois de ese baño, que mellor que un ...........


BALDOSA 150: REMATOU O NADAL

Estamos de volta, despois das festas de nadal. O blog deixa de estar decorado ata o antroido.