30/10/10

BALDOSA 362: WAKA WAKA 002

Continuando cun post anterior sobre a canción do waka.waka, himno do mundial de fútbol deste ano, poño un novo vídeo.



Sen palabras.......

14/10/10

BALDOSA 361: NOVO INQUILINO

Hoxe chegou ó meu piso un novo inquilino, ca intención de quedarse. Ten o pelo corto, rizado e loiro. Chegou  pola tarde e foi regalo da miña nai. E xa fixo amistade ca Cleo, e entre os dous sacáronme o sofa.




12/10/10

BALDOSA 360: TELEATLAS

Hai uns meses, pasou o coche de google pola Estrada. Hoxe tocoulle ó coche de Teleatlas, a empresa encargada de elaborar os mapas de navegación para algúns GPS.
¿Estarán a actualizar os mapas?

BALDOSA 359: AVISO A NAVEGANTES

O domingo á tarde, fumos de excursión á parroquia de Aguións en busca do castro. Despois de dar voltas (atopei carreteras que non sabía que existían, e iso que está a un par de quilómetros do meu pobo), atopamos o seguinte cartel nunha finca de millo. Sen palabras.



E que me dicides dos cordeis por medio da finca para que o ladrón tropece con eles pola noite.

7/10/10

BALDOSA 356: ESCAPADA

Onte á tarde fixen unha escapada.  Fun ca miña irmá e meu cuñado.  E a onde fun?



Adivinade.......





1/10/10

BALDOSA 355: 75

E hoxe, 1 de outubro, soamente vou dicir,


FELICIDADESSSS
SECOOOOOO !!!!!!


que xa van alá 75 anosssss......

e que andaba a pasar no ano 1935 (que dificil atopar cousas de ese ano na rede)