21/12/08

BALDOSA 148: 36061

36061

Este é o número que, mañá día 22, vai sair premiado co primer premio da lotería do Gordo de Nadal. He,he,he, se é así, o próximo post poreino dende calquera hotel de Tokyo.

Sorte para todos.....................

BALDOSA 147: + NADAL

Send your own ElfYourself eCards

19/12/08

BALDOSA 146: NADAL

Comezamos estas festas decorando un pouco a páxina para a ocasión.

Un saudo para todos, e Felices Festas.

16/12/08

BALDOSA 145: DECORACIÓN NAVIDEÑA

Foto feita por Araceli dunha ventá en Santiago de Compostela. Non sei si é a nova moda en decoración navideña, hehehehehe.......




9/12/08

BALDOSA 143: OVO DE PASCOA

Ovo de Pascoa virtual é unha mensaxe oculta, ou unha capacidade escondida, contido nun obxeto, como unha película, un disco compacto, DVD, programa informático, ou videoxogo. A orixe do termo é a miudo atribuido falsamente á película O regreso dos mortos vivintes, pero moito antes do lanzamento de ésta, o videoxogo de Atari: Adventure de 1978, contíña o primeir o ovo de pascoa virtual que se coñece, introducido polo programador Warren Robinett. Entre os programadores, parece que hai unha motivación en deixar unha marca persoal, casi un toque artístico sobre un producto intelectual, que é por naturaleza estándar e funcional. Pero o motivo de Warren Robinett parece que foi o de obter recoñecimento polo seu traballo, porque nese entonces non se lles daba crédito ós programadores de videoxogos. É unha acción análoga á de Diego Rivera ó incluirse nos seus murais, ou a de Alfred Hitchcock colocándose como extra nas suas propias películas (o que logo chamarías cameo).
En informática, os ovos de pascoa son mensaxes, gráficos, efectos de son, ou cambios inusuais no comportamento dos programas, que prodúcense logo de introducir certos comandos no documentados, clics co rato, ou combinacións de teclas. Utilizouse inicialmente o término ovo de pascoa para describir as mensaxes ocultas no código obxeto dun programa por diversión, e que só podían encontrar aqueles que desensamblaban ou navegaban polo código.

Se queredes probar algúns, entrade en GOOGLE, e, no cadro de búsqueda e click en "vou ter sorte" poñedes:
Google L33t
Google gothic
Google easter eggs
Google bsd
Google linux

Estos para empezar, irei poñendo máis noutros post.

BALDOSA 142: DESEXOS PARA O ANINOVO

Para todos aqueles que no 2008 me remitiron correos desexando paz e felicidade ou dicindo que, si os reenviaba, sería rico ou millonario...

NON FUNCIONOU!

Este ano que se aproxima (2009), por favor, manden diñeiro, regalos ou cesta de Nadal.


Moitas gracias.

Bicos e apertas.

5/12/08

BALDOSA 141: KUTRUPARTY


Dende hoxe ata o luns 8, celébrase no meu concello, a Kutruparty. Unha reunión de catro días de locos pola informática, xogos en rede, etc....... Ata alí fun, non a participar, que gañas non faltaban, senón como montador do ordenador do meu sobriño. E alí o deixei, co ordenata colocado e listo para pasar máis de 72 horas conectado en rede xogando, compartindo arquivos, 72 horas de convivencia cos seus amigos.
Espero que me vaia informando e así vouvos contando a experiencia dunha party.