Onte fumos a facer os calcos e fotografiar os petroglifos que hai en Dodro. Mentres facíamos este traballo, o sol poñíase polo oeste e a luz, cada vez máis rasante, foi descubrindo un novo grabado que non estaba catalogado. Pero non só o sol estaba axudándonos, senón que a lúa chea que tivemos á noite, tamén puso o seu granito de area, facendo visible outro grabado máis.
Parecía que os nosos antergos quisexen amosarnos o seu arte facendo que o sol e a lúa iluminasen as súas obras.
O que o sol nos fixo ver:
O que a lúa amoxou:
1 comentario:
que chulo!
Publicar un comentario