A vida é unha longa viaxe por un camiño inacabable de baldosas amarelas cheo de desvios e cruces.......
20/11/07
BALDOSA 45: CELEBRACIÓNS
Este mes é un mes de celebracións para a miña familia. O 17 é o cumpreanos da miña irmá, que se atopa nas Catalonias e do meu cuñado hoxe, día 20. Así que, para os dous, PARABENSSSSSSSSS, que xa sodes un ano máis vellos............ e para celebralo, comparto esta................ TARTA DE CHOCOLATE.
13/11/07
BALDOSA 44: Curiosidades na rede
Para celebrar o día do blog, creouse unha páxina onde, por medio dunha pequena enquisa, en inglés, dinche que tipo de blogger és. O enlace é o seguinte: http://quiz.blogactionday.org/.
Este son eu.
7/11/07
BALDOSA 43: Tele na rúa
É a segunda pantalla de vídeo xigante que se instala na rúa no meu concello. Temos unha na praza do Concello e a segunda en fase de colocación hoxe na Praza de Galicia. Eu pregúntome cal é a función de ditas pantallas. Poñerán a segunda temporada de Heroes?, ou quizáis a 4 temporada de House?.
Tal e como a estaban colocando na Praza de Galicia, parece que é para que os conductores que circulan no seu coche pola rotonda da praza se entreteñan. Unha visión de futuro sobre un posible atasco?
Pronto pondrei unha foto para que opinedes vos mesmos.
Tal e como a estaban colocando na Praza de Galicia, parece que é para que os conductores que circulan no seu coche pola rotonda da praza se entreteñan. Unha visión de futuro sobre un posible atasco?
Pronto pondrei unha foto para que opinedes vos mesmos.
6/11/07
5/11/07
BALDOSA 40: Fin de semana en Corzos
Esta fin de semana fun de viaxe ata o lugar de Corzos, no concello de A Veiga (Ourense), a facer unha "pequena" ruta (6 horas) pola montaña e visitar unhas lagoas de orixe glacial que hai nelas. Alugamos unha casa de turismo rural, moi bonita, que vos recomendo, O Porto do Carro, podedes vela na páxina de turgalicia http://www.turgalicia.es/
Aquí vai unha das fotos da Lagoa de Ocelo, a 1621 metros de altura. Xa vos irei poñendo algunha outra.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)