A vida é unha longa viaxe por un camiño inacabable de baldosas amarelas cheo de desvios e cruces.......
31/7/08
BALDOSA 116: FIN DE SEMANA
Este fin de semana pasado, (que comenzou ó 24 ca ponte de Santiago), estiven de festa. O xoves á noite mollándome vendo os fogos de Santiago, e a partires do venres ata o domingo, de primeira comunión da miña sobriña en Cervantes. A verdade é que foi unha fin de semana moi movida e cansa, e por iso estiven descansando ata hoxe, heheheheh. Ademáis, o lúns e o martes estiven de mudanza de oficina. Onte a estreamos.Vou ter que comprar patíns, pois é enorme.
13/7/08
BALDOSA 115: RETROUSO
Esta fin de semana paseino comendo polbo no 9º festival folk de Callobre. E foi alí onde saquei este video, da actuación do grupo de Ouzande Retrouso. Un saudo para eles. Ademáis deste grupo, tamen estivemos a escoitar ó grupo Alvariza, Liño do cuco, Regato de matamulleres, Sete netos, Briganthya e a Serralhe-ai.
7/7/08
BALDOSA 114: VERAN
Suscribirse a:
Entradas (Atom)