

Xa vos falei da miña gata Cleopatra, pero o que me fixo ante onte faime escribir este post.
Estaba eu a falar co meu irmán da Irlanda co skype (programa para facer chamadas IP e videoconferencias por internet), cando, por celos, comezou a morderme o brazo. Vendo que non lle facía caso, ergueuse moi digna e comezou a pasearse por diante da miña cara pegándome moi disimuladamente co rabo.
Ata que non deixei de falar con el, a Cleopatra non parou de darme co rabo. Eso sí, cando rematei, deixoume de facer caso, e marchouse a comer.
Eu non sabía o que era sufrir polos celos, pero agora..........
Colgo unha foto que me fixo o meu irmán ca camara web para que vexades o que é sufrir de celos.