17/3/08

BALDOSA 73: MADRID 02






Seguimos visitando a cidade. Hoxe tocou pasear por ela, e visitar a unha amiga que temos aquí.
Comezamos polo Templo de Debod, templo que Exipto regalou por axudarlle á reconstrucción do templo de Abu Simbel. Continuamos baixando pola rúa de Bailén ata chegar ó Palacio Real e a Catedral da Almudena. Seguimos baixando por Bailén, (1ª cañita "Estrella Galicia") ata a Porta de Toledo, onde decidimos pasear polo Rastro (compra do primer autoregalo, hehehe). Quedamos ca nosa amiga e fumos comer. O restaurante elexido ENE, na rúa Nuncio, lugar moderno, con menú de Nova Cociña (platos elaborados e moi ben emplatados) e ca filosofía do Brunch (unión de breakfast e lunch). Despois de comer, seguimos de paseo pola ciade ata a rúa Fuencarral, para mirar tendas. Paradita para o segundo refrixerio, nun café. Acercámonos ata Chueca, onde collemos o metro (linea 5) ata Acacias, para coller o coche e ir ata o piso da nosa amiga. Té e bombóns. Traenos de volta ó noso piso. Son ás 21:00 horas. Cea no piso con menú de Burguer King. Tamos cansos e tirados no sofá. Fín do día.

15/3/08

BALDOSA 72: MADRID



Aproveitando ás vacacións de Semana Santa, decidín marchar de viaxe. Esta vez, elexín a capital, Madrid. Non vin só, acompáñanme dous amigos. Saímos da Estrada pola mañá, e con tranquilidade pola autovía, chegamos sobre ás catro da tarde. Para a nosa estadía en Madrid, decidimos alugar un apartamento na Rúa Princesa, e a verdade, foi unha moi boa idea, pois énos máis barato cun hotel e dispoñemos de todo un piso para nos, con wifi incluida, que é a que estou a usar para actualizar este blog. Para que vexades o que vemos dende a nosa fiestra do noso 11º piso, unha fotito.
E mañá, máis.

11/3/08

BALDOSA 71: IKEA

Teño unha amiga na capital, que, de vez en cando, me manda cousas interesantes e divertidas á miña dirección electrónica. Unha delas, chegoume hoxe, e, como me pareceu interesante, decidín poñela aquí.

IKEA está a planificar  unha campaña de venta de coches
¡OLLO! Só para clientes habituais. 

Éste será o primeiro modelo que lancen ó mercado, se ten éxito  sacarán un deportivo e un Monovolumen
E SÓ PARA OS 500 PRIMEIROS CLIENTES !!!!!!



 




5/3/08

BALDOSA 70: GMAIL

Cómo se anuncian os servicios de gmail en Rusia?






BALDOSA 69: HUMMMMMMMMM


Esta é a entrada número 69 do blog. Este é un número, como o diría, un pouco (o moito) erótico, hehehehehe, que cada quen o interprete como queira.

4/3/08

BALDOSA 68: CAMPAÑA ELECTORAL

Atopámonos na recta final da campaña electoral, e no meu concello parece que está a animarse con expresións artísticas. Si o queredes ver, pinchade no seguinte link.

http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=4&idNoticia=272511&idEdicion=811

2/3/08

BALDOSA 67: RECICLAXE


Hoxe tomando un café, decateime de ata onde chega a reciclaxe. Poño unha foto do que vin. Un taco de billar como guía dunha planta suxeita polos cordóns do licor Fray Angelico. A foto é unha montaxe de tres para que se poida ver millor.