O Temple Bar é un pub moi coñecido en Dublin , e por eso, agora, a rúa onde se atopa e as cercanas chámase zona do Temple Bar. É a zona de marcha por excelencia en Dublin. Alí sae toda a xente, e non só os dublineses, senón xente que ven do estranxeiro a pasalo ben. Aquí é onde atopas un mogollón de Hen parties ( e non chicken parties, como dixen antes), que non son máis que despedidas de solteiras. As Hen parties teñen un tema para disfrazarse, eu vin dende as que iban de mariñeiras ata as que iban de coelliños.
Tamén é a zona onde podes atopar todo tipo de persoas, e mira que hai persoas moi raras, como o que iba disfrazado de can quente.
Esta foi a miña saída nocturna do sabado. Pasear polo Temple Bar, tomar unha Guiness na terraza dun pub, e fumar uns pitilliños, que en Irlanda, para que sepades, só se pode fumar na rúa.
Despois volta para o hotel, e a durmir ata o día seguinte.
A vida é unha longa viaxe por un camiño inacabable de baldosas amarelas cheo de desvios e cruces.......
12/6/08
11/6/08
BALDOSA 102: DUBLIN 002
Este es el Spire o Monumento á Luz. É unha enorme agulla de aceiro duns 120 metros de altura. Está situada en O´Connell Street. Alí había unha columna en homenaxe ó Almirante Nelson, pero foi voada por unha bomba do IRA. Parece ser que a punta ilumínase pola noite, pero eu non a vín (e non sei porque, pois o hotel o tiña moi preto, he, he, he).
BALDOSA 101: VIAXE A DUBLIN 001
Tá fáilte romhat i Éire !
(Benvidos a Irlanda ! )
E agora comenzan as miñas peripecias en Dublin. He, he, he, ireinas comentando ós poucos, así non vos emborracharei de información. Irei paso a paso, e con fotos, para non aburrirvos.
A chegada foi o sábado 7 ás 19:00 horas, cun retraso do avión ( Air Lingus ) de media hora (empezamos ben). Alí esperábame o meu irmán ( a min ou a súa amiga, que por certo, viaxei con ela no avión e ca cal falei antes de embarcar , he, he, he). Ida ó hotel (céntrico, en O´Connell Street), deixa-las cousas, e a sair a tomar as primeiras pints of guiness ( que pasada, están boísimas e non saben para nada como as de aquí, por qué? snif, snif, snif..... ). Despois porei as primeiras fotos e falareivos das Chicken parties no Temple Bar.
6/6/08
BALDOSA 100: E VOUME DE VIAXE
E como estou de vacacións, este ano voume a Dublin, é dicir, mañá sábado collo o avión cara Irlanda a facer unha visita e descansar ( despois de visitar as destilerias de Jameson e a fábrica de Guiness, claro), hehehehe, xa irei informando. Si podo, enviarei fotos dende alá por medio do movil, senón, cando veña. Apertas e bicos para todos.
BALDOSA 99: VACACIONSSSSS
Olvideime decirvos que, neste mes de xuño, estou de vacacionsssssssss, beeeeennnnnn, terei que aproveitar o sol, heheheheheh.
5/6/08
BALDOSA 98: MAIS EXCURSIONS
2/6/08
BALDOSA 97: A LAGOA SACRA
Esta fin de semana pasada, foi de novo para ir de excursión. Esta vez fun á Lagoa Sacra de Olives (A Estrada), para ver ata que punto a choiva destos días a encheu. Agora sí que é unha lagoa.
Segundo comenta Fermín Bouza-Brey a Lagoa Sacra da parroquia estradense de Olives ten posiblemente que ver cun antigo culto ás augas, anterior á época romana. Pola súa parte, Pedro Varela describe o lugar desde xeito: "Entre Olives e Seoane de Forcarei, alá na altura do monte, está a Lagona Sacra, que consiste nunha lagoa moi notable, duns vinte ferrados de extensión, presentando en todo o seu perímetro vestixio de amurallamento. Cóntase que se librou nas súas inmediacións unha gran batalla e que os cadáveres foron botados ó lago; por iso a amurallaron despois, para evitar profanacións, e a denominan Lagona ou Lagoa Sacra. En inverno hai alí moitos patos".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)