9/8/08

BALDOSA 120: ANIVERSARIO

O xoves día 7, estivo de cumpreanos a miña sobrina, así que, FELICIDADESSSSSSSSSSS, e que cumpras moitos máis, que aínda levas 10 anitos.......

Agora a soplar as velasssssssss


6/8/08

BALDOSA 119: CELOS



Xa vos falei da miña gata Cleopatra, pero o que me fixo ante onte faime escribir este post.

Estaba eu a falar co meu irmán da Irlanda co skype (programa para facer chamadas IP e videoconferencias por internet), cando, por celos, comezou a morderme o brazo. Vendo que non lle facía caso, ergueuse moi digna e comezou a pasearse por diante da miña cara pegándome moi disimuladamente co rabo.

Ata que non deixei de falar con el, a Cleopatra non parou de darme co rabo. Eso sí, cando rematei, deixoume de facer caso, e marchouse a comer.

Eu non sabía o que era sufrir polos celos, pero agora..........

Colgo unha foto que me fixo o meu irmán ca camara web para que vexades o que é sufrir de celos.

31/7/08

BALDOSA 118: CERVANTES





E aquí algunhas fotos de Cervantes o día da Primeira Comunión da miña sobrina.

BALDOSA 117: SANTIAGO APOSTOLO

Este é un vídeo dos fogos da fachada da Catedral.

BALDOSA 116: FIN DE SEMANA

Este fin de semana pasado, (que comenzou ó 24 ca ponte de Santiago), estiven de festa. O xoves á noite mollándome vendo os fogos de Santiago, e a partires do venres ata o domingo, de primeira comunión da miña sobriña en Cervantes. A verdade é que foi unha fin de semana moi movida e cansa, e por iso estiven descansando ata hoxe, heheheheh. Ademáis, o lúns e o martes estiven de mudanza de oficina. Onte a estreamos.Vou ter que comprar patíns, pois é enorme.

13/7/08

BALDOSA 115: RETROUSO

Esta fin de semana paseino comendo polbo no 9º festival folk de Callobre. E foi alí onde saquei este video, da actuación do grupo de Ouzande Retrouso. Un saudo para eles. Ademáis deste grupo, tamen estivemos a escoitar ó grupo Alvariza, Liño do cuco, Regato de matamulleres, Sete netos, Briganthya e a Serralhe-ai.


7/7/08

BALDOSA 114: VERAN


Despois das miñas vacacións, e ter un pouco abandonado o blog, e como facía tempo que non poñía unha foto antiga, pois decidín poñer esta, que é a miña familia nun día de praia. A foto é duns cantos anos. Nela aparece o meu avó, a miña nai, e un dos meus tios. Cal deles será? he, he, he