1/3/09

BALDOSA 164: ELECCIÓNS

Hoxe é o día no que temos que decidir quen será o que durante os próximos catro anos vai dirixir o goberno e o futuro de Galicia. O noso deber é ir votar, é o momento de falar, de dicir o que pensamos. Hoxe en día aínda non entendo a aqueles que se negan a votar. Non comprenden que é a forma de facerse oir?, non enenden que incluso os votos en blanco dín máis que un no voto?.

Así que, dende aquí animo a todos a exercer o seu dereito ó voto. Votade, sexa o que sexa, votade, é un dereito e un deber.

22/2/09

BALDOSA 163: ANTROIDO EN CORA

Hoxe fun á parroquia de Cora a velo antroido. Facía uns 16 anos que non se celebraban en Cora, e estiveron ben, ademáis o tempo axudou moito pois facía unha tarde de sol. Espero que a experiencia fose positiva e o volvan repetir os anos venideiros.

Os deixo un pequeno vídeo dun momento da celebración.

P.D.: margosiña, non te enfades conmigo por poñelo, hehehehehe

BALDOSA 162: O MEU DISFRAZ

Despois de varias probas, este ano decido disfrazar este blog co traxe de Princesiña Disney.

19/2/09

BALDOSA 161: ANTROIDO

Dende hoxe ata mañá, este blog vaise probar diferentes disfraces para acudir á festa do antroido, así que, si entrades e estou raro, non vos preocupedes, é que estou a axustar o traxe.

Felices festas de antroido, e coidado cos cocidos, filloas e orellas.

12/2/09

BALDOSA 160: RECORDOS DA INFANCIA

Nunca pensei que volvería ver estes libros. Libros que eu tiña na miña infancia ( que non foi hace moito, hehehe...) e que, non sei que foron deles. Alegreime un mogollón volvelos ver, aínda que sexa en internet, e todo gracias ó traballo dun grupo de persoas que traballaron moi duro para recuperalos.

A web é www.paraquenoseolviden.com

Pinchade na foto e os levará directamente


10/2/09

BALDOSA 159: O CURSOR

Algunha vez pensáchedes o por que se move o cursor pola pantalla do ordenador con só mover o rato?, pois aquí tedes a explicación.

Unha cousa máis da páxina nipona "1-click". Xa vos dixen que esta páxina web era moi rara, hehehehehehe (paxade o cursor polo centro da páxina)

http://2006.1-click.jp/

3/2/09

BALDOSA 158: HELP !!!!!

Help, S.O.S., Socorrooooo......, É oficial, o día 1 de Marzo votacións para a presidencia da Xunta de Gallicia. Comeza a campaña electoral. Coches na rúa con música a tope invitándote a votar a un, cartaces publicitarios cas caras dos políticos, sobres cas papeletas entódolos buzóns........
e isto todo, en teoría, comeza dentro de 9 días, aínda que no meu pobo XA COMENZARON HOXE..... O que nos queda por sufrir......