10/3/09

BALDOSA 170: SEN PALABRAS

O post anterior foi un intento de axudar a unha familia e amigos, pero foi tarde, e cun final non desexado. Onte á tarde apareceu. E é por iso que, aínda que deixe o título elimino o cartel.

Un forte abrazo á familia e amigos.

6/3/09

BALDOSA 168: INVESTIGACIÓNS

Todo o mundo sabe que neste mundo hai milleiros de investigacións de todo tipo, pero o que realmente sorprende son algunhas que, realmente, hai que ter moito tempo morto e aburrirse a esgalla.
Esta atopeina hoxe, e por moito que penso, non sei para que serve, vosotros veredes.
(A noticia collínna de www.vieiros.com)

Descobren por que se acumula peluxe no embigo

Un científico austríaco analizou durante tres anos que motivos levan á atracción de lixo nesa cavidade corporal.

Redacción - 12:49 03/03/2009

Un químico austríaco, Georg Steinhauser, acaba de presentar os resultados da sua investigación de tres anos sobre por que o embigo se enche de peluxe. O científico descubriu que hai un certo tipo de pelo corporal que atrae os lixos até a cavidade, despois de estudar 503 fragmentos do seu propio embigo.


Segundo as análises químicas que practicou, eses restos non están formados completamente polo algodón da roupa, senón tamén por restos de pel morta, graxa, suor e po. As observacións do doutor Steinhauser amosaron que "pequenos fragmentos de peluxe fórmanse primeiro no pelo e logo acaban no interior do embigo ao final do día".

A investigación, publicada no xornal Medical Hypotheses, explica que a forma afiada do pelo fomenta a "abrasión de minúsculas fibras téxtiles" e diríxeas cara ao burato, ao que contribúe que ese pelo "parece medrar en círculos concéntricos arredor do embigo".

O investigador da Universidade de Tecnoloxía de Viena tamén consultou a amigos, familiares e compañeiros de traballo sobre as súas peluxes. Steinhauser chegou á conclusión de que afeitar a barriga ten como resultado un embigo libre de peluxe, aínda que só até que o pelo volve medrar. Outros consellos para evitar esta molestia son levar roupa vella, que solta menos peluxe ca a recén estreada. Do mesmo xeito, pode axudar levar un piercing no embigo, que varre as fibras antes de que se asenten.

O doutor, que ademais investigou, entre outras cousas, a erosión da súa alianza de voda, tamén analizou por que algunhas persoas tenden a atraer máis peluxe ca outras. Un estudo anterior efectuado en Australia con 5 mil persoas chegou á conclusión de que as máis propensas a acumular peluxe no embigo son "homes de mediana idade con lixeiro sobrepeso e abdome peludo".

Naquel estudo, efectuado por Karl Kruszelnicki, tamén se chegou á conclusión de que esa peluxe é habitualmente de cor azul, polo uso de pantalóns vaqueiros e o feito de que as fibras acaban subindo até o embigo.

1/3/09

BALDOSA 166: RESULTADO FINAL ELECCIONS PARLAMENTO DE GALICIA 2009


Representación do hemiciclo 2009



PP : 39 deputados
PSdeG-PESOE: 24 deputados
BNG: 12 deputados

BALDOSA 165: RESULTADO ELECCIÓNS A ESTRADA

Escrutado 100%
2009 ___________ 2005
Total votantes ____ 13.624 ___72,71% ____________68,75%
Abstención ________5.113 __27,29% _____________31,25%
Votos nulos _________154 ___1,13% ______________0,52%
Votos en branco ______216___ 1,59% ______________1,22%



Votos________________ Votos
P.P. ______________6.445 ____47,85% _______49,83% ___6.474
PSdeG-PSOE________ 4.507 ____33,46%_______ 27,02% ___3.511
B.N.G._____________ 2.012 ____14,94% _______20,32% ___2.640